Mapa web
Youtube
Campus UNED

O Coro da UNED canta a Jorge Maronna, de Les Luthiers, en memoria dos ausentes pola COVID-19, hoxe xoves  ao mediodía

11 de junio de 2020

Coro da UNED e Camerata Ultreia, dirixidos por Luis Antonio Muñoz, estrean un vídeo con música de Jorge Maronna, membro fundador de Les Luthiers. Un vídeo que foi grabado polos 50 integrantes da formación, durante a pandemia da COVID-19, en marzo e abril de 2020, en pleno confinamento, con cada cantante e instrumentista na súa casa. Poderá verse hoxe xoves , 11 de xuño, ás 12.00 horas, na canle de Youtube do director.

OURENSE, 11 de xuño de 2020.- O texto do poema posto en música por Jorge Maronna é de Oliverio Girondo, poeta nado en Bos Aires, en 1891 e falecido en 1967, ano da formación de Les Luthiers, vencellado á vangarda porteña dos años 20 do pasado século e casado coa escritora Norah Lange.

“Queremos que esta música sirva de homenaxe a todas as vítimas da pandemia mundial orixinada pola COVID-19. Tanto aos que desgraciadamente se nos foron en casas, hospitais e residencias, como ao persoal sanitario e auxiliar que perderon a súa vida por axudar aos demáis no desenvolvemento do seu traballo. O noso máis sinceiro pésame aos seus familiares”, explica o director do Coro da UNED, Luis Antonio Muñoz.

As súas verbas, suscritas por todas as voces e instrumentos, expresan tamén o agradecemento “para todos aqueles que colaboraron no día a día contribuíndo á normalidade en momentos tan difíciles i estranos. Ao persoal sanitario e de investigación, aos corpos de seguridade do estado, a todos os traballadores de servizos básicos e a todos os cudadáns polo seu comportamento exemplar". 

Góceno na canle  Youtube.

Aida Fernández

Comunicación UNED

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es