Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense estivo presente no Tour Profesional dos colexos San Pablo VI e Divina Pastora de A Rúa e O Barco

19 de febrero de 2020

Aos estudantes sorprendeulles o feito de que non se precisa nota de corte para iniciar estudos superiores na Universidade Nacional de Educación a Distancia

OURENSE, 19 de febreiro de 2020.-Un ano máis a UNED estivo presente no Circuíto Profesional que organiza o Colexio Diocesano San Pablo VI da Rúa. Durante toda a xornada matinal os alumnos deste centro así como os do colexio Divina Pastora do Barco, puideron coñecer a oferta formativa da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Estiveron atendidos por María Luz Blanco Álvarez, membro do  PAS na aula Universitaria da Rúa. Aos estudantes sorprendeulles moito o feito de que para estudar na UNED non se necesita nota de corte. Calquera alumno que termine a Selectividade pode matricularse nas carreiras que oferta a UNED sen máis. O seu éxito e avance dependerá do esforzo que dediquen ao estudo.

Ao dispor dos alumnos puxéronse camisetas, adhesivos, folletos e lapis co logotipo da Universidade pública máis grande de España e adaptada a calquera cidadán deste país. Tamén puideron comprobar a oferta formativa a través da páxina web da universidade: www.uned.es

Esta non é a única actividade prevista por UNED Ourense para dirixirse aos alumnos de Bacharelato, que a punto están de chegar aos estudos superiores. Así, o luns, 20 de abril, o director da UNED en Ourense, Jesús Manuel García Díaz, ofrecerá unha conferencia aos alumnos de Bacharelato do IES Cosme López da Rúa para falarlles en profundidade desta Universidade. Tamén están pendentes outros actos similares, durante a próxima primavera, noutros institutos da provincia, e en todos aqueles que o soliciten.

No Circuíto das Profesións do colexio diocesano valdeorrés, ademais da UNED, estaban a  Uvigo, a USC, a Universidade de Navarra, a EF Business School, a  Escola de  Hostalaría de Sober, as Forzas Armadas, o Instituto de  Trives e o  IESIDE.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es