Mapa web
Youtube
Campus UNED

A UNED convida á sociedade ourensá a participar na Xornada de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que celebrará en Lugo o día 28 

20 de febrero de 2020

Poderá seguirse presencialmente ou por Internet, inclúe catro palestras, a matrícula é de balde e os inscritos recibirán diploma

OURENSE, 20 de febreiro de 2020.- A UNED organiza unha  Xornada de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030), sustentabilidade e comunicación, que terá lugar o día 28 de febreiro, venres, no Centro Asociado de Lugo. A actividade é presencial e  online, pois se emitirá por  streaming. A finalidade desta iniciativa é dar a coñecer a axenda 2030 e os seus 17 obxectivos de desenvolvemento sostible ( ODS) entre os grupos de interese non só dos centros asociados da UNED no Campus Noroeste senón de toda a sociedade e institucións.

Consta de 6,5 horas lectivas e cada interesado pode elixir a modalidade presencial, acudindo ao salón de actos do Centro Asociado á UNED en Lugo ou ben seguilo por Internet.

Esta xornada do venres 28 comezará ás 10.00 horas, coa presentación  da mesma. Media hora despois intervirá Esther Souto  Galván, vicerreitora de Política Institucional e Relacións Internacionais da UNED - Vicerreitora 1ª, para falar sobre A UNED e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Ás 12.00 horas intervirá Amelia Pérez Zabaleta, vicerreitora de Economía da UNED, para falar acerca da Sustentabilidade ambiental na universidade: a UNED, un exemplo.

A sesión de tarde comezará ás 16:00 horas coa intervención de Claudia Sevilla Sevilla, vicerreitora adxunta de Comunicación e Marketing da UNED. O seu tema titúlase: Boas prácticas de márketing.

Ás 17:30 horas terá lugar o último relatorio, a cargo de  Benjamín López López, técnico da Deputación de Pontevedra, o cal explicará Os  ODS na Administración Local.

Esta actividade permite ao estudante poder recibir a actividade desde a súa casa, sen necesidade de ir ao centro asociado. A matrícula é gratuíta.

Vai dirixido a calquera cidadán interesado en coñecer a Axenda 2030 e os  ODS. Preténdese así tamén difundir e dar a coñecer a Axenda 2030 e os  ODS no Campus Noroest e promover o desenvolvemento dos  ODS e contribuír ao seu cumprimento.

Ao ser unha actividade divulgativa, non se entregarán certificados aos asistentes. En canto ao sistema de avaliación, os asistentes presenciais terán que asistir ao 80% dos relatorios. Os que o fagan en modalidade  virtual (directo e diferido) terán que presentar un resumo de 4 dos 5 relatorios. Prazo máximo, 15 de marzo de 2020. Extensión máxima:  unha folla por relatorio  (Arial 12, espazo 1.5). Dirección de entrega info@lugo.uned.es.  Os asistentes  online que non entreguen o traballo en tempo e forma non recibirán diploma.

Organiza esta xornada o servizo de Extensión Universitaria do Campus Noroeste da UNED en coordinación co Centro Asociado á UNED en Lugo. Colabora a Deputación de Lugo e o  Concello de Lugo.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es