Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Alumnas da UNED Senior de Ourense visitaron o Centro Interxeracional da Fundación Amancio Ortega na cidade

27 de enero de 2020

Participaron nunha actividade interactiva cos adultos do centro e os nenos da escola infantil  

OURENSE, 27 de xaneiro de 2020.- O venres 24 de xaneiro de 2020 o alumnado da UNED Senior (materia: Educación no Desenvolvemento Sostible) levou a cabo unha visita ao Centro Interxeracional da Fundación Amancio Ortega, situado na  Farixa, Ourense. Devandito centro interxeracional componse tanto dun centro de día para persoas de idade avanzada como unha escola infantil para infantes de 0 a 3 anos.

Tras ser recibidos pola directora da Escola Infantil, Belén Pérez de Cámpa, esta deu unha pequena charla sobre o deseño e funcionamento do centro. A continuación, visitáronse todas as instalacións, comezando polas do centro de día, onde o alumnado da UNED Senior puido observar e participar nunha actividade interactiva interxeracional xunto con usuarios adultos do centro e nenos da Escola Infantil. Seguidamente, continuouse a visita polo resto de instalacións, entre outras: o ximnasio para os usuarios do centro de día, o horto, os diferentes recunchos para o traballo co alumnado infantil, as aulas e o comedor.

As alumnas da UNED Senior valoraron moi positivamente a visita, agradecendo tanto á Fundación Amancio Ortega como á propia UNED, a posibilidade de participar nesta saída. Con elas estaba o seu profesor, Santiago Pato Rodríguez.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es