Mapa web
Youtube
Campus UNED

A UNED Senior abre prazo de matrícula en Ourense para tres materias no segundo cuadrimestre 

9 de enero de 2020

Os alumnos poderán inscribirse ata o 31 de xaneiro en Filosofía contemporáneaGalicia a traverso dos medios audiovisuais e en Inglés básico

OURENSE, 9 de xaneiro de 2020.- Na UNED  Senior de Ourense comeza este venres, día 10 de xaneiro, o período de matrícula para o segundo cuadrimestre e exclusivamente para as materias que aínda non cubriron as súas prazas.  Trátase das seguintes materias: Galicia a través dos medios audiovisuais, Filosofía Contemporánea e Inglés básico para comunicarnos e divertirnos.

Os alumnos domiciliados na provincia de Ourense soamente abonan 25 euros de matrícula. Os domiciliados fóra da provincia ourensá abonarán 50 euros. O período para enrolarse esténdese ata o 31 de xaneiro. O formulario pódese descargar desta mesma páxina web, buscándoo na pestana Estudantes, logo en UNED Senior e por último en Inscrición.

O pago da matrícula poderase realizar por transferencia bancaria ou mediante ingreso na conta ES73 2080 5252 9030 40256790. En ambos os casos deberá indicar no concepto “Matrícula UNED Senior” xunto co seu nome e apelidos. O xustificante da transferencia ou ingreso así como o formulario de inscrición poderán ser remitidos por correo electrónico a info@ourense.uned.es, indicando o asunto “Matrícula UNED Senior”, ou ben entregados no Centro Asociado á UNED en Ourense directamente ou mesmo por correo postal na dirección:  C/ Torres  do Pino, s/n, 32001 Ourense.

A oferta académica da UNED  Senior conta co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense, que cede as súas instalacións do Centro Cultural Marcos Valcárcel, para o desenvolvemento das sesións, á parte de subvencionar ao 50% a matrícula dos ourensáns que se apuntan a esta experiencia para maiores de 55 anos, que tan bo resultado dá entre quen a vive cada ano.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es