Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O curso "Sen medo á cámara" tivo 21 matriculados na  Aula da UNED en A Rúa

28 de octubre de 2019

As prácticas en interior como en exteriores motivaron aos alumnos nesta segunda edición da iniciativa 

OURENSE, 28 de outubro de 2019.- Terminou con éxito na Aula Universitaria da UNED en A Rúa unha nova edición do curso  Sen medo á cámara. Participaron 21 alumnos que fixeron varios exercicios coa cámara tanto en interior como en exteriores. Os matriculados gozaron coas sesións, con Ronsel López Carracedo, Máster en Proxectos de Fotografía de Autor (MAPA) – LENS da Escola de Artes Visuais.

Os alumnos puideron  coñecer a cámara e os seus axustes ( diafragma, velocidade de obturación,  ISO…), a fotografía sensorial, mesmo pintar con luz; aprender a tratar a luz, coñecer os principios de composición, poñer en práctica a cámara, aprender a facer retratos, fotografar paisaxes así como analizar as fotografías para terminar cunha sesión de revelado e procesado. A satisfacción dos participantes quedou patente nesta segunda edición.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es