Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Perto dun milleiro de alumnos fixeron os seus exames de setembro no Centro Asociado á UNED en Ourense 

7 de septiembre de 2019

Desde o luns, día 2 ata o sábado, día 7, pasaron pola aula de probas presenciais 930 matriculados, varios deles chegados de outras partes de España

OURENSE, 7 de setembro de 2019. Neste sábado, día 7 rematan os exames de setembro na UNED.  Outra oportunidade para que os alumnos poidan superar as probas que lles permitan seguir avanzando na súa carreira académica. No Centro Asociado de Ourense examináronse 930 estudantes desde o pasado luns ata a tarde de hoxe. Foi unha semana tranquila, na que todas estas persoas, non sen o nerviosismo propio do momento, deron o mellor de si, do seu traballo intelectual.  Eles son parte deses máis de 200.000 estudantes que se examinaron en todos os centros que a UNED ten tanto en España como en varios países en Europa, América e África. Todos os exames fanse ao mesmo tempo (obviamente tendo en conta o desaxuste horario no caso deses países) co mesmo sistema, algo digno de coñecer por como funciona todo o aparello examinador da Universidade con máis alumnos de España.

No caso ourensán examináronse tamén alumnos que pertencen a outros centros asociados tanto de Galicia como do resto de España. É outra vantaxe que ten a UNED, que sendo dun centro asociado se o día das probas presenciais o alumno atópase noutra parte do país, pode facer igualmente o seu exame no centro asociado máis próximo ao lugar onde se atope nese momento.

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es