Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense y UNED Lugo estudian iniciativas de colaboración para ambas provincias

4 de noviembre de 2025

Los directores de los dos centros universitarios mantuvieron una reunión para explorar vías que permitan organizar acciones formativas que beneficien a lucenses y a ourensanos.

OURENSE, 4 de novembro de 2025. O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, e a directora de UNED Lugo, Ana Belén Traseira Pena, celebraron unha reunión de traballo na cidade da Muralla para explorar vías de colaboración entre os dous centros universitarios do interior de Galicia. Ambos coinciden en que os seus respectivos territorios teñen características comúns, que poderían ser afrontadas desde iniciativas que beneficien á sociedade, a través do coñecemento. 

Esta primeira cita en Lugo contou coa ilusión de ambos os directores, que quedaron en traballar conxuntamente algunhas accións formativas. "Nos dous centros temos moito traballo, por iso hai que ir amodo, pero con paso firme no que propoñamos para ofrecer conxuntamente", sinalou o director ourensán. Traseira mostrousese "moi ilusionada con esta colaboración. Creo que os centros debemos de explorar e explotar este tipo de sinerxias en beneficio da sociedade y do desenvolvemento territorial. A sintonía é total e estou convencida de que imos desenvolver iniciativas moi positivas para ambas provincias".

Estes centros universitarios, do mesmo xeito que sucede co de Zamora, aproveitan a sinerxia dunha universidade tan grande como é a UNED, que permite lanzar actividades culturais a todas as latitudes grazas á súa potente tecnoloxía. "Esta é unha vantaxe de valor incalculable, da que se benefician os cursos de extensión e propios que organizamos en Ourense e noutras cidades, ao longo do curso académico", di García Díaz. 

O encontro na sede da UNED en Lugo selouse co firme compromiso de García e Traseira de traballar xuntos en iniciativas que beneficien á sociedade dos seus territorios, convencidos de que merece a pena facelo nestes espazos xeográficos ricos en tantos aspectos. Os directores dos citados centros universitarios coincidiron en destacar que este tipo de accións que se organicen, cun público tan disperso xeograficamente, serían inviables de non contar cunha plataforma tecnolóxica tan potente e eficiente como a da UNED.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es