Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso de linguaxe e cultura coreana en UNED Ourense

8 de octubre de 2025

Do 13 de outubro ao 26 de novembro poderemos coñecer numerosos detalles da cultura de Corea do Sur. As sesións serán todas en liña, tanto en directo como en diferido, nas tardes de luns e mércores.

OURENSE, 8 de octubro de 2025. UNED Ourense ofrece, do 13 de outubro ao 26 de novembro, un curso de Linguaxe e Cultura Coreana, nivel básico, parte I. A onda coreana cada vez ten máis popularidade entre as novas xeracións co K-pop, os doramas, e a súa exótica cultura, facendo do seu interese a aprendizaxe da linguaxe coreana. Durante a formación idiomática coreana, baseada nas técnicas de aprendizaxe, xunto co estudo da cultura coreana, permitirá unha aprendizaxe máis completa da linguaxe a través dos seus protocolos culturais. 

Este curso consta de 20 horas lectivas e dá dereito a obter 1 crédito ECTS. A persoa docente é Lucero Dámaso López, creadora de Consultoría Internacional en Comunicación Corporativa: HABLA Y CONVENCE. Formadora profesional e docente multicultural. Desenvolverase en modalidade en liña. Todas as sesiones emitiranse de 18:30 a 20:00 horas.

programa é o seguinte:

  • Luns, 13 de outubro: Introdución á Linguaxe e cultura coreana.
  • Mércores, 15 de outubro: Estudo do alfabeto coreano (Hangul) e a súa historia.
  • Luns, 20 de outubro: Tipoloxía de vocais e consonantes coreanas.
  • Mércores, 22 de outubro: Sintaxe, fonética e gramática coreanas.
  • Luns, 27 de outubro: Batchim – simples e compostos.
  • Mércores, 29 de outubro: Substantivos e verbos: tipoloxía.
  • Luns, 3 de novembro: Saúdos e protocolos culturais.
  • Mércores, 5 de novembro: Números coreanos: tipoloxía.
  • Luns, 10 de novembro: Familia coreana.
  • Miércoles, 12 de noviembre: Expresiones básicas coreanas.
  • Luns, 17 de novembro: A educación e top de universidades coreanas.
  • Mércores, 19 de novembro: Pronomes persoais coreanos.
  • Luns, 24 de novembro: Xogos e bailes coreanos: o Xogo do Calamar e Gang-nam Style.
  • Mércores, 26 de novembro: Arirang, o Himno non oficial de Corea do Sur. Repaso do curso e avaliación final.

Matrícula Ordinaria: 45 euros.

Matrícula en liña

Este curso vai dirixido a estudantes, profesionais e todo interesado/a en cultura e linguaxe coreano.

Obxectivos

  • Axudar a aprender coreano a través da cultura (protocolos) sendo sinxela e fácil de comprender.
  • O interese por coñecer a cultura coreana tanto pola súa historia, e avances tecnolóxicos, motiva a estudar a linguaxe coreana e o seu estilo de vida.
  • Coñecer os protocolos necesarios para ter unha conversa e convivencia con coreanos, como o saúdo, as expresións e coñecementos básicos, permitirá unha mellor socialización coa cultura coreana.
  • O estudo da linguaxe coreana é sinxelo e fácil de aprender xunto coa cultura do país, que permitirá un coñecemento máis completo da linguaxe a través de protocolos culturais.

Metodoloxía

  • Internet (Streaming en directo): O estudante matriculado recibe a clase a través dun ordenador onde queira, pero en datas e horario marcado.
  • Internet (Streaming en diferido): O estudante matriculado recibe as clases gravadas onde e cando quere, dentro de unhas datas marcadas.

Sistema de avaliación

Para recibir o certificado de aproveitamento é necesario: 

  • Asistir ao 85% das horas lectivas.
  • Entregar os deberes e tarefas semanais.
  • Entregar a avaliación final, que consistirá nas 4 técnicas de aprendizaxe:
  1. Listening: Escoitar un audio para contestar preguntas dun texto.
  2. Reading: Ler un texto, gravalo e envialo como audio.
  3. Writing: Escribir unha carta ou unha historia.
  4. Speaking: Contestar preguntas, gravalas e envialas como audio.

Esta avaliación será comentada cos estudantes na primeira clase ao iniciar o curso. Deberán envialo por email, nas datas establecidas unha vez remate o curso.

Objetivos de Desenvolvemento Sostible

Esta actividade impacta no ODS número 4: Educación de calidade.

UNED Ourense

Comunicación

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
UNIDIS DiscapacidadAccede
Calendario académico 2025-2026Accede
BibliotecaAccede
BibliotecaAccede
Convocatoria interna tutores 2025-2026
Accede
Microcredencial Explotación y tratamiento de la castaña en GaliciaMatricúlate aquí
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es