Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Paleontoloxía para todos en Ourense coa UNED

13 de noviembre de 2025

Do 2 al 4 de decembro, cinco científicos exporán no Marcos Valcárcel que se sabía dos dinosaurios en España antes do 1936, o papel da muller en Paleontoloxía e o emprego de novas tecnoloxías para reconstruir seres do pasado remoto, todo elo desde o Grupo de Bioloxía Evolutiva da UNED. A entrada ás conferencias, todas ás 20.00 h, será de balde.

OURENSE, 13 de novembro de 2025. UNED Ourense e a Facultade de Ciencias da UNED celebrarán na cidade de As Burgas o ciclo de conferencias Paleontoloxía para todos, os días 2, 3 e 4 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel, da Deputación Provincial de Ourense. Este ciclo encádrase no programa de divulgación que cada ano leva a cabo a UNED desde Ourense. Faio en centros escolares e, este ano, presenta ademáis este ciclo de gran interese no que os relatores van ser Adán Pérez García, Profesor Titular de Universidade, Grupo de Bioloxía Evolutiva da UNED; Andrea Guerrero Bach-Esteve Investigadora posdoctoral; María Gutiérrez Gálvez, Investigadora predoctoral; Alberto Cabezuelo Hernández, Investigador predoctoral e Marcos Martín Jiménez, Investigador posdoctoral, todos eles pertecentes ao Grupo de Bioloxía Evolutiva da UNED. 

A entrada será completamente libre e poderá tamén seguirse en liña previa subscripción gratuita. O ciclo axustarase ao seguinte programa:

  • Martes 2 de decembro de 2025: Que sabiamos sobre os dinosauros en España antes da Guerra Civil?: A información transmitida pola prensa escrita. O relator será Adán Pérez García, que sinala que "a partir da análise de noticias de prensa escrita española, publicadas entre mediados do século XIX e a década de 1930, poderemos ver que visión sobre os dinosauros e outros estraños seres do pasado chegaba á nosa sociedade. Noticias con certo rigor científico, pero tamén outras que pouco tiñan que ver coa realidade, axúdannos a entender como, aos poucos, a idea sobre a existencia deste tipo de grandes criaturas extintas foi introducíndose en España". 
  • Mércores 3 de decembro de 2025: Andrea Guerrero Bach-Esteve e María Gutiérrez Gálvez disertarán sobre A historia non escrita das mulleres en paleontoloxía. Segundo ambas, esta charla céntrase na contribución histórica e contemporánea das mulleres no ámbito da paleontoloxía, salientando a súa relevancia a pesar de enfrontar persistentes desafíos e prexuízos de xénero. Desde o inicio da paleontoloxía ata a actualidade, mostraranse algúns dos descubrimentos máis relevantes realizados por mulleres paleontólogas, a miúdo non recoñecidos nunha sociedade masculinizada neste campo. 
  • Xoves 4 de decembro de 2025: A conferencia desta xornada titúlase Do xacemento ao computador: o uso de modelos 3D en Paleontoloxía, cuxos relatoras serán Alberto Cabezuelo Hernández e Marcos Martín Jiménez. Eles explican que o estudo dos fósiles estaba, ata hai poucos anos, limitado principalmente a análises taxonómicos, morfolóxicos e ecolóxicos. Con todo, o desenvolvemento e aplicación de novas metodoloxías nas últimas décadas en paleontoloxía permitiu incrementar o coñecemento sobre as faunas que habitaron o planeta no pasado desde novos enfoques biolóxicos e ecolóxicos. Desta maneira, a dixitalización de fósiles e o uso de modelos virtuais destes permitiron un notable avance en varios campos de estudo, como a neuroanatomía ou a variabilidade existente nas diferentes especies. Nesta conferencia abordaranse os diferentes métodos de dixitalización máis usados actualmente en paleontoloxía, así como utilidade que estes proporcionan ao estudo actual da fauna fósil.

"Están convidados todos os ourensáns amantes da ciencia, neste caso da Paleontoloxía, campo no que a UNED destaca excesivamente. É un orgullo poder desenvolver estas tres sesións didácticas na nosa cidade. É unha pequena parte da investigación que se leva a cabo na nosa Facultade de Ciencias. Os cinco relatores son científicos rigorosos cunha rica experiencia en escavacións paleontolóxicas. Será un pracer escoitalos", sinala o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz.

  • Para seguir en directo e en liña as conferencias é necesario inscribirse gratuitamente picando aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es