Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Arranca en Xinzo o II Curso de Práctica Orquestral da UNED

25 de septiembre de 2025

Desde mañá ata o 28 de decembro, máis de medio cento de asistentes prepararán a fondo dúas obras para ofrecelas en concerto o último día.

OURENSE, 25 de setembro de 2025. UNED Ourense inaugura mañá o II Curso de Práctica Orquestral, que se celebrará do 26 de setembro ao 28 de decembro de 2025 na sede da Escola de Música da Limia, en Xinzo. Consta de 48 horas lectivas e 2 créditos ECTS. Esta actividade esixe o seu desenvolvemento presencial. Xa se cubriron as 58 prazas de que dispón.

Este curso pretende dar resposta a unha demanda da sociedade musical ourensá, producida pola gran controversia ao no existir ningunha titulación académica nos conservatorios españois que consiga dar unha formación práctica e específica ao itinerario formativo da Práctica orquestral, a pesar da importante actividade neste eido que existe no noso país. O docente é José Luis Tielas, titulado superior en Dirección, Mestrado en Dirección, Director de varias agrupacións musicais.

programa a desenvolver inclúe traballar ben dúas obras e é o seguinte: 

Venres, 26 de setembro:

  • 10:00-14:00 h. Práctica 1: O sinfonismo no cinema na figura de Hans Zimmer, un compositor de bandas sonoras alemán​ que se caracteriza pola integración de música electrónica e arranxos sinfónico-orquestrais. 
  • 16:00-22:00 h. Práctica 2: O sinfonismo no cinema na figura de Hans Zimmer

Sábado, 27 de setembro:

  • 10:00-14:00 h. Práctica 3: O sinfonismo no cinema na figura de Hans Zimmer.
  • 16:00-22:00 h. Práctica 4: O sinfonismo no cinema na figura de Hans Zimmer.

Domingo, 28 de setembro:

  • 10:00-14:00 h. Proba acústica e concerto: O sinfonismo no cinema na figura de Hans Zimmer

Venres, 26 de decembro:

  • 10:00-14:00 h. Práctica 1: Peer Gynt unha fantasía de Nadal. É un drama escrito polo dramaturgo noruego Henrik Ibsen. A música para a obra foi compuesta por Edvard Grieg, e inclúe pezas moi coñecidas como o Morning Mood e o Anitra's Dance. Aínda que a obra en sí non trata sobre o Nadal, os concertos que presentan as súas pezas musicais, como é o caso de "Peer Gynt. Concerto de Nadal, a menudo combinan a música con literatura e teatro para un público navideño.
  • 16:00-22:00 h. Práctica 2: Peer Gynt unha fantasía de Nadal

Sábado, 27 de decembro:

  • 10:00-14:00 h. Práctica 3: Peer Gynt unha fantasía de Nadal
  • 16:00-22:00 h. Práctica 4: Peer Gynt, unha fantasía de Nadal

Domingo, 28 de decembro:

  • 10:00-14:00 h. Proba acústica e concerto: Peer Gynt, unha fantasía de Nadal

Este curso vai dirixido a estudantes que realizaran cursos profesionais ou superiores de Música.

Obxectivos

  • Avanzar no perfeccionamiento de ferramentas necesarias relativas á Práctica Orquestal para un correcto exercicio do liderado de conxuntos instrumentais nos sus diversos estilos e formacións. 
  • Implementar o estudo do repertorio relacionado con este orgánico orquestral escrito por autores vencellados a Galicia.

Metodoloxía

  • Formación teórica: 
  1. Análise musical (estético-estilístico, análise formal-harmónico e análise para a dirección) 
  2. Instrumentación. 
  • Formación auditiva: 
  • Formación práctica: 
  1. Afinación e conxunto sonoro. 
  2. Sesión de ensaios coa Orquestra Sinfónica.

Este curso realízase coa colaboración da Escola Galega de Dirección de Banda (EGADIB) e a Xoven Orquestra Ourensanía (XOU).

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Esta actividade impacta no ODS número 4.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es