Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Reunión nacional dos 61 directores de Centros Asociados da UNED

17 de septiembre de 2025

Málaga acolle o encontro directivo con todo o equipo reitoral da universidade cuxa finalidade é ultimar a posta a punto do novo curso académico 2025-2026.

OURENSE, 17 de setembro de 2025. Na cidade de Málaga reúnense desde hoxe, mércores, e ata o venres, todos os directores dos Centros Asociados da UNED no territorio nacional, xunto ao reitor e o seu equipo. Trátase da reunión anual destos directivos da universidade cuxo obxectivo será debatir e ultimar detalles para o inminente inicio do curso académico 2025-2026. Na xornada de hoxe haberá unha recepción institucional na sede da Excelentísima Diputación Provincial de Málaga seguida de unha visita cultural. Neste encontró anual o anfitrión é o director de UNED Málaga, o doutor Luis Grau Fernández. Os directivos da UNED teñen previstas reunións durante toda a xornada do xoves, desde primeira hora da mañá ata o fin da tarde, así como durante toda a mañá do venres. Os vicerreitores e los directores falarán de todas as cuestións relativas ao novo curso. Presidirá o reitor, Ricardo Mairal Usón, que será o primeiro en ter uso da palabra. Seguirán os vicerreitores de cada unha das áreas da Universidade e os directores. Cada sesión é un debate entre todos.

A UNED dispón de 61 centros asociados en toda España. Grazas a eles, esta universidade pode chegar aos máis variados recunchos do país, como fai desde 1972.  

O pulso da UNED apálpase nos centros asociados, de modo que os seus directores e directoras son, como sempre sinala o reitor, parte do gobierno desta universidade pública. Neles recae a  responsabilidade de Xestión das súas repectivas prazas, ademáis de seren os lexítimos representantes institucionais do Reitor nos seus territorios. Ourense estará representada neste importante encontro polo seu director, o doutor Jesús Manuel García Díaz.

Os Centros Asociados son unidades da estructura académica da UNED, que serven de apoio ao seu sistema educativo. Todo estudante de Grao, Mestrado, CAD, CUID e outros programas formativos da UNED ten que estar adscrito a un Centro Asociado. A adscrición formalízase no momento de cumprimentar os formularios de matrícula. O estudante pode optar polo Centro Asociado que máis cómodo lle resulte polo seu lugar de residencia ou por calquiera otra circunstancia. Un dos elementos diferenciais do seu modelo son as titorías que se imparten nos seus Centros Asociados. Desde eles, xunto a servizos académicos, ofrécense aos estudantes outros servizos como cursos de extensión universitaria, biblioteca, librería para a adquisición de material didáctico, servizos de secretaría a información, reprografía, espazos WIFI, ordenadores, orientación ao estudante. Ourense conta cun deses centros, ubicado na Urbanización Torres do pino, baixo, da nosa cidade. 

As Aulas Universitarias da UNED forman parte da estructura territorial periférica da nosa universidade, integrándose dentro dos Centros Asociados. Achegan aos estudantes da contorna os servizos propios da universidade (administrativos, docentes… ) desenvolvendo tamén un programa de extensión universitaria con cursos de formación e divulgación axeitados á demanda territorial. Nas Aulas universitarias no se celebran probas presenciais. No caso de Ourense, a UNED dispón da Aula de A Rúa, na comarca de Valdeorras.

Estes centros e aulas son posibles grazas ao apoio das institucións que forman os seus respectivos consorcios, no caso ourensán intégrano a Deputación Provincial, o Concello de Ourense, a propia UNED, a Xunta e o Concello de A Rúa.

Por outra banda, a UNED tamén conta con presenza en moitos outros países, ademáis de España. Os estudi¡antes que residen ou están desprazados fora de España poden acceder á oferta educativa da UNED matriculándose en algún dos Centros ou Aulas de Exame no estranxeiro.  

Na Rede de Centros da UNED no estranxeiro celébranse as probas presenciais. E durante todo o periodo lectivo, os estudantes poden solicitar indicacións para o mellor desenvolvemento dos seus estudos. 

A Rede de Aulas de Exame da UNED ofrece aos estudantes a posibilidade de examinarse presencialmente nas convocatorias de exame, aínda que nestas cidades non existen Centros durante o resto do curso.  

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es