Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED dache a oportunidade de adquirir boa oratoria

11 de septiembre de 2025

UNED Ourense ofrece un obradoiro  con sesións de tarde e presenciais, do 1 ao 23 de outubro, da man do xornalista Juan Maceiras Formosel. Está dirixido a todas as persoas que desexen comunicarse correctamente valéndose de técnicas para traballar a voz, a entonación, a comunicación non verbal ou como falar en público.

OURENSE, 11 de setembro de 2025. UNED Ourense ofrece un obradoiro de oratoria que terá lugar do 1 ao 29 de outubro. Será un curso presencial que se vai a desenvolver no salón de actos da nosa sede, sempre en horario de 17:30 a 20:30 horas. Consta de 36 horas lectivas e ten créditos en trámite. O Taller de Oratoria: Como Falar en Público pretende que os participantes adquiran as habilidades necesarias para expresarse con seguridade, convicción e fluidez nos diversos ámbitos nos que afronte unha exposición pública. Para iso analízase como preparar e realizar unha intervención pública -tanto formal como informal- empregando os medios máis adecuados e así dar solucións fronte á falta de experiencia á hora de falar en público e a carencia de recursos para estruturar e ordenar as ideas e argumentos dun discurso. 

A comunicación é un proceso vital que posibilita a relación cos outros, aumentando a oportunidade de vivir mellor nunha sociedade como a actual. É unha ferramenta básica, un instrumento determinante para o mundo no que vivimos onde a palabra é un camiño cara ao éxito. No seu desenvolvemento, analízase o importante papel da comunicación nas empresas e como contribuír a mellorar a imaxe das organizacións empresariais cara ao exterior. Nese camiño, achegaranse suxestións prácticas encamiñadas a potenciar a nosa capacidade comunicativa. Finalizado o taller, os participantes estarán en condicións de manexar ferramentas para comprender a interacción persoal desde o punto de vista da comunicación. 

O docente será Juan Maceiras Formosel, xefe de Informativos e de Programación Cope. 

O programa para desenvolver será o seguinte:

 -Mércores, 1 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 1. INTRODUCIÓN 

  • Módulo 1.a. A comunicación ao longo da historia.
  • Módulo 1.b. A importancia da comunicación na vida.
  • Módulo 1.c Etapas do proceso comunicativo.
  • Módulo 1.d. As barreiras da comunicación. 

 -Luns, 6 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 2. A COMUNICACIÓN NA TÚA CONTORNA E NO CENTRO DE TRABALLO

  • Módulo 2.a. Influencia da comunicación na túa contorna habitual e no proceso de desenvolvemento do traballo.
  • Módulo 2.b. A comunicación no centro de traballo. Como mellorar e potenciar a comunicación. 
  • Módulo 2.c. A comunicación nas organizacións empresariais. Comunicación cos clientes.

 -Mércores, 8 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 3. COMUNICACIÓN VERBAL 

  • Módulo 3.a. A comunicación como elemento chave. 
  • Módulo 3.b. A arte de contar e o privilexio de falar. 
  • Módulo 3.c. A voz.
  • Módulo 3.d. A entoación. 
  • Módulo 3.e. O ritmo. 
  • Módulo 3.f. Técnicas e expresión.

  -Xoves, 9 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 4. COMUNICACIÓN NON VERBAL

  • Módulo 4.a. Importancia da comunicación non verbal.
  • Módulo 4.b. A mirada.
  • Módulo 4.c. A linguaxe corporal.
  • Módulo 4.d. Sinais delatores.
  • Módulo 4.e. O poder do sorriso.

  -Luns, 13 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 5. A ARTE DE FALAR EN PÚBLICO 

  • Módulo 5.a. Técnicas de comunicación oral.
  • Módulo 5.b. O control da imaxe vocal. A dicción e a pronuncia.
  • Módulo 5.c. A creación da imaxe persoal. Os xestos.
  • Módulo 5.d. A oratoria é un agasallo.
  • Módulo 5.e. Erros comúns ao falar en público.

  -Mércores, 15 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 6. GUÍA PARA PREPARAR UN DISCURSO 

  • Módulo 6.a. Palabras de apertura. 
  • Módulo 6.b. Idea principal. Cando e como?
  • Módulo 6.c. Conclusión. 
  • Módulo 6.d. Tipos de discursos.
  • Módulo 6.e. O brainstorming.

  -Xoves, 16 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 7. CONTIDO E ESTRUTURA 

  • Módulo 7.a. Elaborar o discurso.
  • Módulo 7.b. Temática atractiva.
  • Módulo 7.c Estrutura do discurso.
  • Módulo 7.d. Criterios para estruturar os contidos.
  • Módulo 7.e. Escribir o contido do discurso.

  -Luns, 20 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 8. ORADOR E PÚBLICO 

  • Módulo 8.a. A importancia da primeira impresión.
  • Módulo 8.b. Como seducir ao auditorio.
  • Módulo 8.c. A arte de persuadir. Xerar empatía.
  • Módulo 8.d. Sensibilidade e sinceridade Módulo 8.e. O medo, inimigo do orador Módulo 8.f. Como combater o medo escénico? 

 -Xoves, 23 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 9. RECURSOS NA ORATORIA 

  • Módulo 9.a. Exercicios retóricos para o principiante.
  • Módulo 9.b. Técnicas de control dos nervios.
  • Módulo 9.c. O xogo do silencio.
  • Módulo 9.d. As pausas.
  • Módulo 9.e. Improvisar un relatorio. Quedar en branco.
  • Módulo 9.f. O sentido do humor.

  -Luns, 27 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 10. O DIÁLOGO. COÑECEMENTO INTERPERSOAL 

  • Módulo 10.a. Expresividade e control de emocións.
  • Módulo 10.b. O debate. Argumentación, habilidades expresivas, negociación. 
  • Módulo 10.c. Preparar unha entrevista ou outras avaliacións de índole profesional.

  -Martes, 28 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 11. AS RELACIÓNS PÚBLICAS E A COMUNICACIÓN 

  • Módulo 11.a. Adquirir habilidades sociais. Protocolo Social.
  • Módulo 11.b Técnicas específicas da comunicación e a expresión.
  • Módulo 11.c. Adquirir habilidades necesarias para expresarse con seguridade e fluidez. 
  • Módulo 11.d. Crear unha imaxe persoal e profesional.

  -Mércores, 29 de outubro, 17:30-20:30 h. SESIÓN 12. A COMUNICACIÓN NAS NOVAS TECNOLOXÍAS 

  • Módulo 12.a. A comunicación no presente e no futuro.
  • Módulo 12.b. Os novos modelos comunicativos.
  • Módulo 12.c. A comunicación nas novas canles: Facebook, X, Instagram... 
  • Módulo 12.d. Os perigos da comunicación nas redes sociais.

 As prazas para participar neste curso son 30. 

 A matrícula ordinaria custa 45 euros

 Matrícula en liña 

Este obradoiro está dirixido por Roberto Ignacio Fernández López, Coordinador de Actividades Culturais e Extensión Universitaria de UNED Ourense. 

Entre os obxectivos desta iniciativa están: 

  1. Recoñecer as dificultades de comunicación. 
  2. Identificar os elementos que facilitan a comunicación na nosa relación coas persoas. 
  3. Manexar adecuadamente ferramentas e técnicas que permitan unha comunicación eficaz. 
  4. Defender os propios intereses e dereitos respectando os dos demais sen minguar a nosa autoestima. 
  5. Coñecer as dificultades da comunicación interpersoal para poder manter relacións máis satisfactorias e evitar conflitos. 
  6. Identificar a comunicación eficiente. 
  7. Dar importancia á comunicación non verbal.
  8. Valorar as diferentes capacidades expresivas: corporal, gestual, verbal, entre outras. 
  9. Salientar a importancia de que a mensaxe non verbal estea en sintonía coa mensaxe verbal. 
  10. Superar o medo escénico e dar seguridade ao orador.

 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

 Esta actividade impacta nos ODS números 4, 5, 8, 10 e 16.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es