
OURENSE, 11 de xullo de 2025. A UNED lanza este mestrado oficial a distancia como unha proposta innovadora e multidisciplinar, orientada a capacitar a especialistas que lideren a resposta social, económica, xurídica e ambiental cara os desafíos do cambio climático. Con 80 prazas de novo ingreso anuais, o MGCC ofrece unha formación integral, flexible e compatible coa actividade profesional. A diferenza doutros estudos baseados na sustentabilidade en termos xerais ou en aspectos puramente tecnolóxicos, este mestrado singularizase polo seu enfoque específico no cambio climático, abordando de forma conxunta as súas dimensións científicas, sociais, xurídicas e económicas.
A estrutura académica inclúe dúas especialidades —Consultoría Ambiental e Consultoría Xurídico-Económica— e un itinerario mixto, que permiten unha formación adaptada aos distintos perfís profesionais. O mestrado está organizado coa participación de nove centros da UNED (oito facultades e unha escola), quince departamentos e 48 docentes, o que garante unha perspectiva transversal e rigorosa. O seu plan de estudos comprende 34 materias, incluíndo materias obrigatorias, optativas, seminarios de actualidade, prácticas externas e Traballo de Fin de Mestrado. Todo iso orientado a formar consultores climáticos capaces de actuar en organismos públicos, empresas privadas e entidades do terceiro sector, así como no deseño de políticas, marcos regulatorios ou proxectos técnicos.
O MGCC responde a unha demanda social e laboral crecente de profesionais na loita contra o cambio climático e reforza a misión da UNED como universidade pública comprometida cos grandes retos contemporáneos. Tamén supón unha vía natural de especialización para egresados do Grao en Ciencias Ambientais e consolida á UNED como un referente académico en sustentabilidade, descarbonización e transición ecolóxica. 
Requisitos para acceder
Dacordo con o artigo 18 do Real Decreto 822/2021, para acceder ao Mestrado Universitario en Xestión do Cambio Climático será necesario estar en posesión dun título universitario oficial de Graduada ou Graduado español ou equivalente, ou no seu caso dispoñer doutro título do mesmo nivel que o título español de Grao expedidos por universidades e institucións de educación superior dun país do EEES que no devandito país permita o acceso aos estudos de Mestrado.
Poderán acceder a un Mestrado Universitario do sistema universitario español persoas en posesión de títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivalan ao título de Grao, sen necesidade de homologación do título, pero si de comprobación por parte da universidade do nivel de formación que implican, a condición de que no país onde se haxa expedido devandito título permita acceder a estudos de nivel de posgrao universitario. En ningún caso o acceso por esta vía implicará a homologación do título previo do que dispoñía a persoa interesada nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de realizar os estudos de Mestrado.
En particular:
1. Terán acceso ao MGCC os candidatos con titulacións incluídas nos seguintes dous grupos, asociados ás dúas especialidades do MGCC:
2. O idioma de impartición do MGCC e de todas as súas materias é o castelán. Con todo, será obrigatorio que os estudantes do MGCC acrediten polo menos un nivel B1 de comprensión lectora en inglés en termos do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER), co fin de acceder aos numerosos recursos bibliográficos e sistemas informáticos relativos aos contidos da maioría das materias do mestrado.
Segundo o BOE do 10 de xullo de 2025, o prezo da matrícula é de 33,81 euros o crédito, tendo o mestrado un total de 90 créditos.

UNED Ourense
Comunicación




