Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED ensínache a determinar a falsidade dun documento legal

28 de mayo de 2025

Do 12 ao 20 de xuño desenvolverase un curso de Documentoscopia que analiza escritos de relevancia legal para ver se son verdadeiros ou non, e incluso para descobrir a identidade dos seus autores.

OURENSE, 28 de maio de 2025. UNED Ourense organiza un curso de Documentoscopia e falsidade documental. Celebrarase en modalidade presencial do 12 ao 20 de xuño, no salón de actos do Centro universitario. Os feitos delituosos relacionados con documentos falsos en España, están a crecer exponencialmente nos últimos anos. Por iso é importante achegar a formación necesaria para detectar fraudes documentais. Coa Documentoscopia, o participante introducirase na rama da Criminalística que se encarga de analizar escritos e documentos de relevancia legal, co obxectivo de determinar a súa autenticidade ou falsidade e no seu caso a identidade dos seus autores. Os relatores serán: Luis Alamancos Pampín, Criminólogo e Criminalista Forense. Mestrado en Policía Científica e Investigación Criminal. Director e Xefe de Seguridade, formado no Reino Unido e Israel. Perito Xudicial. Membro Investigador de Postmaster da Sociedade Científica de Doutores e Mestrados en Grafoanálises, Grafística e Documentoscopia. Titulado pola UAB. E Sergio Luis Gutiérrez Novoa, Avogado Fiscal da Sección Territorial de Monforte de Lemos, da Fiscalía Provincial de Lugo.

Todas as sesións serán de 16:30 a 20:30 horas, excepto a do día 20 de xuño, que é a que impartirá o fiscal, e que comezará ás 17:00 ata as 19:00 horas. Esta iniciativa consta de 22 horas lectivas e axústase ao seguinte programa: 

  • Xoves, 12 de xuño: Documentos de identificación españois: DNI, TIEX, Pasaporte, Permiso de Condución. Documentos de identificación estranxeiros
  • Luns, 16 de xuño: Medidas de seguridade en documentos. Medios técnicos utilizados en documentoscopia
  • Martes, 17 de xuño: Falsidade de papel moeda
  • Mércores, 18 de xuño: Tecnoloxía Smart no estudo de documentos
  • Xoves, 19 de xuño: Practicum de falsidade de billetes con luces forenses
  • Venres, 20 de xuño:  O delito de falsidade documental: tipos penais.

As prazas limitáronse a 35 persoas. Este curso non será emitido. 

Matrícula:

  •  Forzas e Corpos de Seguridade (inclúese vixilancia privada, detectives privados, SVA), deben anexar copia do carné profesional ou certificado acreditativo. 
  • Estudantes NON UNED (outras universidades, ciclos FP, escola oficial de idiomas, conservatorio de música), teñen que achegar copia da matrícula do curso 24-25. 

Prezos matrícula: 

  • Ordinaria: 45 euros. 
  • Estudantes UNED e doutras universidades; Membros e FF SS do Estado: 35 euros. 

Este curso conta coa homologación da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). 

Matricúlate aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es