Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso para crecer en comunicación persoal y liderado

19 de febrero de 2025

UNED Ourense ofrece esta iniciativa exclusivamente en liña para as tardes dos días 24, 25, 26 e 27 de febreiro. Serán 20 horas lectivas a cargo da docente Anna Alonso Pardo, experta en marketing e comunicación.

OURENSE, 19 de febreiro de 2025. Non son poucas as persoas que o pasan mal ou pasárono mal falando en público ou nunha reunión. A moitos dalles medo falar ante os demáis. Os nervios e o medo escénico son emocións ben coñecidas e parécenos que nos levan a facer o ridículo. Como di Pascale Bang-Rouhet, se o orador non transmite sinais de recoñecemento, o público non sente que existe. Cada un se retroalimenta do outro pero é o orador quen ten que dar o primeiro paso empregando unha comunicación non só xenerosa mais tamén emocional. Hai que aprender a ter moi claro o contido verbal da mensaxe, que vai supoñer un 10%; hai que saber entoar, modular a voz segundo o momento, o que representa un 35% e, segundo estudos realizados, os xestos, como nos movemos, que comunicamos non verbalmente, supó un 55%. Por elo UNED Ourense organiza un curso de Comunicación e Liderado básico. Pretende ser un achegamento aos coñecementos básicos sobre Comunicación e Liderado dun xeito ameno, sinxelo e efectivo, para que a persoa poda implementar e desenvolver na súa vida persoal ou profesional. Será do 24 ao 27 de febreiro, en horario de 17:00 a 21:00 horas. Consta de 20 horas lectivas. A relatora será Anna Alonso Pardo, formadora, mentora e speaker de A TU Manera, Marketing y Comunicación

Programa

Luns, 24 de febreiro

  • 17:00-21:00 h. Roda da Comunicación. Estudos sobre Comunicación Efectiva e Liderado. Esquema Básico da Comunicación. ¿Realmente é así? Exercicios prácticos.

Martes, 25 de febreiro

  • 17:00-21:00 h. Comunicación Auténtica, Emocional e Efectiva. Limitacións que restan efecto á miña comunicación. Vencer o medo, a inseguridade e os nervios. Protocolo de xestión emocional. Exercicios prácticos.

Mércores, 26 de febreiro

  • 17:00-21:00 h. Elementos da comunicación que aportan valor. Comunicación Verbal e Non Verbal. Desenvolvemento de habilidades e técnicas de comunicación. Exercicios prácticos.

Xoves, 27 de febreiro

  • 17:00-21:00 h. Liderado efectivo. Escoita Activa. Asertividade e Empatía. Resolución de Conflitos. Exercicios prácticos.

A asistencia é exclusiva en liña, en directo ou en diferido. 

Inscrición

  • Modalidade matrícula ESTUDANTES: estudantes NON UNED (outras universidades, ciclos FP, escola oficial de idiomas, conservatorio de música) deben aportar copia da matrícula do curso 2024-2025.
  • Modalidade matricula ESPECIAL: parar colexiados nos Colegios Profesionales correspondentes (Avogacía, Médico, Enfermeiría, Xornalismo, Enxeñeiros, Economistas, Traballo Social, Educación Social etc) deben aportar certificado colexial.

Matrícula

  • Ordinaria: 40 euros
  • Estudantes UNED: 20 euros
  • Especial: 30 euros
  • Estudante: 20 euros.

Matrícúlate en liña

Este curso está dirixido por José María Failde Garrido, Profesor Tior de UNED Ourense, Doutor en Psicoloxía e Profesor Titular da Uvigo na Área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos.

Coordinado por Jesús Alberto Carballo Bouzas, Licenciado en Psicoloxía e Profesor Titor de Psicoloxía en UNED Ourense, Coordinador do COIE de UNED Ourense.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es