Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

En UNED Ourense realizáronse perto de 800 exames na convocatoria de setembro

10 de septiembre de 2024

A semana de probas presenciais desenvolveuse con normalidade nas 22 sesións celebradas. Destacan os exercizos propostos polas facultades de Psicoloxía e Dereito, que suman 285 e 174 exames respectivamente.

OURENSE, 10 de setembro de 2024. En UNED Ourense fixéronse 792 exames durante a convocatoria de setembro, que tivo lugar desde o luns 2 ao sábado, 7. o maior número de probas nesta ocasión rexistrouse nas da Facultade de Psicoloxía, con 285, seguidas das da Facultade de Dereito, con 174 exames feitos en Ourense. As probas da Facultade de Educación en Ourense foron 100. Houbo, tamén, 51 probas correspondentes aos graos da Facultade de Económicas e Empresariais. En UNED Ourense aprezase un repunte de estudantes en Filosofía e en Xeografía e Historia, que en setembro traduxose en 28 exames de Xeografía e Historia, e 25 de Filosofía.

Houbo 20 probas de graos da Facultade de Filoloxía; 19 de Enxeñería Informática; 18 exames correspondentes á Facultade de Ciencias; 13 probas da Facultade de Políticas e Socioloxía máis outras 6 da Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial. 

Fora de graos, realizáronse 25 exames para maiores de 25 e 45 anos á Universidade así como 2 exames de Acceso. 

O Tribunal estivo formado polos doutores Ramón Adell Argiles, presidente; Jesús Manuel García Díaz, vicepresidente, e Isabel Martínez Sánchez, secretaria. A Comisión de Apoio ao tribunal integrárona, polo sector de profesores titores, María Concepción Álvarez Gómez e Nemesio Pereira Lorenzo, e polo sector do PAS, José Manuel Lage Vidal e María Elvira Pavón Pazos.

As 22 sesións da semana transcorriron sen novidade algunha. Todos os estudantes que pasaron pola Aula de Exames demostraron un magnífico comportamento cumprindo as normas de seguridade esixidas, que sempre lles son recordadas tanto ao entrar no centro como unha vez que todos están sentados na aula.

Como xa é tradición, os estudantes son recibidos no vestíbulo polo director do centro para arrancarlles un sorriso e relaxar o ambiente de nervos. Xa dentro da aula, cada examinando ocupa a mesa que lle marca o sistema informático da Valija Virtual, de modo que ninguén ten ao seu redor inmediato a outra persona co mesmo exame. Na primeira páxina de cada proba aparece o tempo dispoñible, os datos do examinando, os da materia e o material que se permite, ou non, ter sobre a mesa. En cada sesión utilízase unha palabra chave que aparece impresa en todas as páxinas do exame así como nas follas que os estudantes piden a maiores, ao tribunal, para facer as súas operacións ou para seguir escribindo as suás respostas. A vigilancia é intensa e non se detectou ningunha anomalía. "Os nosos estudantes veñen examinarse sabendo o que se xogan, avanzar nos seus estudos, demostrado o que saben honestamente. Unha vez máis compróbase o saber estar que todos amosaron", dí o director de UNED Ourense.

En todas as sesións houbo na sala sempre un recipiente con caramelos, para endulzar a xornada tras presentar o exame. "É un toque simpático á hora de acabar cada proba, e non poucos caen nesta pequena e inocente tentación tras tanta concentración. Os nosos estudantes dano todo, moitos compaxinan os estudos con outras actividades e aínda así ves persoas  que están cursando outro grao, a maiores dos estudos superiores que xa teñen e grazas aos que traballan como profesionais cualificados non máis variados sectores. Outros teñen que compaxinalos coas obrigas familiares ou laborais, e aínda están aqueles heroes que siguen formándose a pesares de estaren nunha cadeira de rodas ou de ser invidentes. Ou, incluso, de valerse de muletas", engade García Díaz. En cada convocatoria acuden a UNED Ourense varios estudantes de outras provincias españolas, que solicitan, por diversos motivos, facer os seus exames no noso centro.

Unha vez terminadas estas probas presenciais, os estudantes recibirán os sus resultados nos vindeiros días para logo formalizar a matrícula, cuxo prazo rematará o día 22 de outubro. E as vindeiras probas presenciais serán as da convocatoria de febreiro, que terán lugar na última semana de xaneiro e na segunda de febreirso de 2025, quedando sempre unha semana inermedia apara estudar. 

"Desexo amosar o meu agradecemento ao demáis membros do Tribunal, así como a quen formou parta nesta edición da Comisión de Apoio, e o noso colaborador informático, Iván Luis Vázquez xunto a Óscar Fernández Vázquez, técnico que está realizando o programa de Primeira Experiencia do SEPE no noso centro. Entre todos, traballando xunto á Vicesecretaría Xeral de Probas Presenciais da UNED, foi posible facer un excelente traballo nuns días cruciais para os nosos estudantes", sinalou o director. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es