Mapa web
Youtube
Campus UNED

Aberta a matrícula para o segundo cuadrimestre de UNED Senior

7 de febrero de 2024

Neste prazo extraordinario ata o 21 de febreiro ofértanse 10 prazas na materia Dereito do Consumo ao alcance de todos

OURENSE, 7 de febreiro de 2023. Está aberto o prazo para realizar a matrícula extraordinaria do programa UNED Senior correspondente ao segundo cuadrimestre que se impartirá de febreiro a xuño. A única actividade que mantén prazas dispoñibles (en concreto 10) é Dereito do Consumo ao alcance de todos, que se impartirá os xoves, de 16.30 a 18.30 horas a partir do 22 de febreiro ata o 6 de xuño nas dependencias do Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Son 30 horas lectivas (15 sesións de 2 horas). 

 

Máis información do curso pinchando aquí. A docente é a avogada Alejandra Fernández González.

 

Matrícula en liña ata o 21 de febreiro

Prezo de matrícula: 25 euros para os residentes na provincia de Ourense e 50 euros para os residentes fóra dela. 

Requisito para participar: ter mínimo 55 anos o cumprilos antes do 30 xuño de 2024.

 

UNED Ourense

Comunicación 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es