Mapa web
Youtube
Campus UNED

Aberta a convocatoria Erasmus 2024-2025 para os estudantes da UNED

24 de enero de 2024

A UNED fixo pública a convocatoria de prazas para a mobilidade dos seus estudantes de Grao, Mestrado ou Doutoramento dentro do Programa Erasmus+, da Unión Europea para a educación, a formación, a xuventude e o deporte. Serán 362 prazas para estudantes matriculados na UNED que desexen realizar estudos en universidades europeas durante o curso académico 2024-2025 e como máximo ata o 30 de setembro de 2025. O prazo para a recepción das solicitudes estará aberto desde xa ata o 23 de febreiro de 2024.

OURENSE, 24 de xaneiro de 2024.  Erasmus+ é o programa da Unión Europea para o fomento e a promoción da educación, a formación, a xuventude e o deporte. Comprende o período 2021-2027 e está dotado duns 26.200 millóns de euros de orzamento para actividades orientadas arredor da inclusión social, a transición ecolóxica e dixital e o fomento da participación dos mozos na vida democrática dos países membros da Unión. Conta co doble de financiamento que no anterior período 2014-2020 e articúlase en tres “accións clave”KA1, para a mobilidade educativa das persoas; KA2, para a cooperación entre organizacións e institucións e KA3, para o respaldo ao desenvolvemento de políticas e á cooperación. O Programa Erasmus+ encádrase no Espazo  Europeo de Educación, no Plan de Acción de Educación Dixital e na Axenda de Capacidades Europea, tendo como liñas mestras "o pilar europeo de dereitos sociais, a Estratexia da UE para a Xuventude 2019-2027e o desenvolvemento da dimensión europea do deporte”.

Acción KA1 á que se refire esta convocatoria abrangue o eido da educación superior e está pensada para que nela participen tanto estudantes como docentes e persoal das institucións educativas. A axuda económica coa que están dotadas estas prazas corresponde ao apoio do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), institución encargada de fixar as cuantías mensuais en función do número de estudantes desprazados a nivel nacional. Estas axudas varían cada ano en función da mobilidade de todas as universidades españolas, e en función das actualizacións da Guía do Programa Erasmus+ da Comisión Europea. No caso deste ano as axudas establecidas divídense, segundo o destino, en tres grupos de países: os estudantes que fagan as súas estancias en Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos e Suecia recibirán ata 350 euros ao mes; os que as realicen en Chipre, Chequia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Letonia, Malta e Portugal, 300, e quen opte por Bulgaria, Croacia, Hungría, Lituania, Macedonia do Norte, Polonia, Rumanía, Serbia e Turquía recibirán uns 250 euros mensuais. Estas cantidades poden verse incrementadas ata 250 euros máis ao mes se o estudante acredita atoparse en algunhas das situacións merecentes de ser considerado un obstáculo socioeconómico (como ser vítima do terrorismo, pertenecer a unha familia numerosa ou monoparental ou ter persoas dependentes ao seu cargo), xeográfico, padece un problema de saúde ou ten o estatus de refuxiado. Os estudantes da UNED seleccionados recibirán áo mesmo tempo ata 600 euros do Vicerreitorado de Internacionalización y Multilingüismo para contribuir aos gastos de viaxe e seguro médico privado e poderán optar a algunhas das catro becas do Programa Becas Santander para Estudos - Erasmus 2024-2025.

Requisitos

As 362 prazas do Programa Erasmus+ para os estudantes da UNED están xestionadas polo Vicerreitorado de Internacionalización e Multilingüismo, quen lles ofrece a oportunidade de realizar unha estancia presencial fora de España co fin de cursar estudos e obter ao su regreso o recoñecemento dos créditos superados nas universidades europeas. Estas estancias non poderán ser inferiores a tres meses nen superiores a un curso académico e para optar a elas os interesados deberán reunir unha serie de requisitos:

 

a) Ter a nacionalidade española ou ben ser cidadán de calquera dos vintesete Estados membros da Unión Europea e os países e territorios de ultramar; pertencer a calquera dos terceiros países asociados ao programa: os países da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) e do Espazo Económico Europeo (EEE), é decir, Islandia, Liechtenstein e Noruega, ou dos países candidatos á adhesión a Unión Europea (Macedonia do Norte, Turquía e Serbia); ter o estatus de refuxiado ou apátrida ou ter nacionalidade de terceiros países (países non membros do programa) e estar en posesión dun permiso de residencia válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.

 

b) Estar matriculado na UNED durante o curso 2024-2025 nun programa de estudos conducente a obter o título oficial de Grao, Mestrado ou Doutoramento. 

 

c) Estar matriculados alomenos no segundo ano da titulación de Grao na que solicita a axuda económica e ter aprobados como mínimo 60 créditos ECTS dentro do prazo máximo de presentación de solicitudes na titulación na que se encontren matriculados no curso 2023-2024, no momento de enviar a solicitude, ou matriculados nos estudos de mestrado ou doutoramento. 

 

d) Os estudantes procedentes de outras universidades con alomenos 60 créditos ECTS, recoñecidos nos estudos que queren continuar na UNED.

 

e) Ao iniciar a mobilidade, os escollidos deben ter pendente de superar na UNED un número de créditos mínimo, dependendo da duración da beca (se é de 3 meses: 15 créditos ECTS; 6 meses: 30 créditos ECTS; curso completo: 60 créditos ECTS).

 

f) Poseer o nivel de idioma específico que aparece en cada praza ofertada: a non acreditación deste requisito no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes da presente convocatoria suporá motivo de exclusión do proceso de selección.

 

g) Ter incumplido os requisitos e obrigas establecidas en convocatorias anteriores de mobilidade ofertadas na UNED.

 

h) Todos os requisitos establecidos nesta convocatoria deberán cumplirse no prazo indicado no apartado para a presentación de solicitudes, e manteranse ata a realización efectiva da mobilidade.

 

Os estudantes da UNED que queiran solicitar algunha destas prazas poden ampliar a información na páxina web do Vicerreitorado de Internacionalización e Multilingüismo da UNED, así como no correo electrónico (movilidad-economico@adm.uned.es).

UNED Ourense

Comunicación

Antonio Valderrama

Fotografías: UNED Media

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es