OURENSE, 22 de maio de 2023. A UNED abre o prazo de preinscrición para cursar Mestrados Oficiais. O devendito prazo é do 22 de maio ao 6 de xullo:
O procedemento de admisión é o seguinte:
Tras esta data, as Comisións de Valoración comenzarán a xestionar ditas solicitudes. A resolución respostarase individualmente a cada estudante o 26 de xullo.
Do 1 al 8 de setembro, os estudantes terán unha segunda oportunidade para entrar nos estudos de Posgrao. O prazo extraordinario irá dirixido aos Mestrados que non completen as prazas ofertadas. Despois destas datas e antes do 29 de setembro, as Comisións de Valoración resolverán as novas solicitudes.
Os estudantes matriculados con anterioridade no mesmo Mestrado terán que presentar a súa solicitude do 12 ao 27 de setembro. Antes de comenzar o período académico, xestionaranse as solicitudes de preinscrición.
Excepcionalmente, en caso de ser un antigo estudiante do Mestrado Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria o prazo de preinscrición será dp 4 ao 11 de setembro e antes do 15 de setembro resolveranse as solicitudes. A maiores, o Mestrado Universitario en Acceso á Abogacía está en proceso de la adaptación á nova normativa, a preinscrición abrirase cando a ANECA aprobe o plan de estudos.
Unha vez as preinscripcións estean xestionadas, o estudante será admitido na UNED e na Titulación específica, pero para poder cursala tenrá que matricularse. O prazo ordinario de matriculación aos Mestrados Universitarios para os novos estudantes será do 5 de xullo ao 23 de outubro e para os antigos estudantes de Mestrado será desde o día no que son admitidos ata o 23 de outubro.
Os estudantes terán un prazo extraordinario para modificar a matrícula do 5 de febreiro ao 12 de marzo. Inusualmente, algunhas titulacións non contarán coa posibilidade de modificar a matrícula. Nas páxinas web das súas Facultades, Escolas ou Institutos se atopará toda a información.
UNED Ourense
Comunicación