Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Na UNED non existen notas de corte para estudar graos"

21 de marzo de 2023

Xinzo abriu este ano a ronda de visitas da UNED para mostrar esta universidade aos estudantes de FP e Bachalerato. Así, o director de UNED Ourense falou esta mañá aos estudantes dos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía, na vila limiá. Os futuros universitarios escoitaron con atención para coñecer mellor as posibilidades que lles brinda a UNED. 

OURENSE, 21 de marzo de 2023. Na mañá deste martes perto dun cento de estudantes de Bachalerato e FP dos dous institutos de Xinzo de Limia tiveron dúas charlas sobre como se estuda na UNED impartidas polo director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. No IES Lagoa de Antela foi recibido pola súa vicedirectora, Belén Castro, e no IES Cidade de Antioquía, pola vicedirectora María Garrido e pola orientadora, Alexia Guede. Foi unha mañá de bon ambiente e interese por saber máis sobre UNED.  

"O primeiro que vos digo é que na UNED non existen notas de corte para estudar graos. Se na EBAU non consegues a nota concreta que che piden nunha universidade para cursar eses estudos, na maior parte dos casos pode tratarse ser un grao que si poderás facer na UNED. A nota de corte poscha timesmo no sentido de que se te esforzas, triunfarás", dixo o director. Este detalle animou aos escoitantes.  "Esforzádevos na EBAU, ide a por todas, pero se aínda non logrades unha una nota alta, sempre que aprobedes esa proba teredes un abano de 30 graos na UNED, a universidade pública máis grande de España, con 61 centros asociados, unha vintena de centros no estranxeiro, nove facultades, dúas escolas técnicas superiores de Enxeñeríae dous institutos universitarios de investigación", díxolles García Díaz. Engadiu que estudar na UNED "é facelo nunha universidade prestixiosa polo nivel de esixencia que ten, aquí estudase todo o programa de cada materia. Tes flexibilidade para examinarte en calquera dos seus centros, sexa en territorio español ou no estranxeiro, os prezos dos estudos son competitivos e a formación é semipresencial".

O estudantado coñeceu o amplo calendario de avaliación e soubo que na UNED terá a disposición a maior infraestrutura tecnolóxica universitaria do país. "Outro detalle é a accesibilidade, pois a nosa universidade conta coa maior unidade de apoio para estudantes con discapacidade. Connosco estudan persoas  invidentes, xordas, que se moven en cadeira de rodas... Grazas á UNED, todos estes cidadáns ao longo dos anos, poideron e poden facer carreira superior na nosa universidade, pola contra non lles sería posible".

"O noso perfil de estudante é cada vez máis xove. Se nos matriculamos e vivimos aquí en Xinzo, ou en Trasmiras, en Sarreaus ou en Sandiás, por poñer un exemplo, non imos ser menos que quen se matricula noutra universidade. O sistema da UNED é máis semellante ao anglosaxón. O estudante ten como traballo estudar, abordalo a fondo todos os días, no horario que máis convinte vos resulte, documentando ben cada materia, empregando a bibliografía recomendada. E as dúbidas que vaian aparecendo prantéxanselle aos profesores titores, que están neste caso en UNED Ourense, cuxa función é aclarar dúbidas e guiar debidamente ao estudante. Se vos matriculades na UNED anímosvo a ir a esas titorías presencialmente sempre que podades". O director  convidoua tamén aos estudantes a visitar as instalaciones de UNED Ourense. "Estamos aló para vos. Basta con que nos avisedes con tempo e recibirémosvos para que vexades in situ como funcionan os centros asociados, piar fundamental da estrutura da UNED", engadiu o director. 

García Díaz animounos a ler moito e a escribir correctamente. "Atopádevos a un paso da Universidade, estade sempre ilusionados, soñando ao grande, con altura de miras, porque vades ser o que vós queirades ser, mais eso si, naquelo que afrontedes intentade ser sempre os mellores. Todos tedes un don que vos distingue, dade sempre o mellor de vós mesmos e veredes". 

No Cidade de Antioquía, tamén había estudantes de Ciclos de Formación Profesional. "Vós sodes igual de importantes e necesarios que o resto de estudantes que van por Bachalerato. E lembrade que tamén podedes pasar á universidade desde esa formación profesional", insistiu Jesús Manuel García. De feito un estudante de ún deses ciclos interesouse particularmente por facer un grao. 

Ol director de UNED Ourense deulles unha morea de detalles de como se estuda na UNED. "Aquí non vades estar sós, pois tedes o Centro Asociado, foros e portais que vos permitirán interactuar con outros estudantes e con profesores. Sabede que hai empresas en toda España que prefiren contratar egresados da UNED, polo nivel de autoformación que teñen, polo enorme esforzo que realizan durante o seu paso pola nosa universidade. E non son poucos os que aseguran que saen perfectamente preparados para afrontaren unha oposición, pois tal é o ritmo que acadaron nos seus anos de estudo. Non se trata dunha emoción, dunha entelequia. Son casos reais".

Próximas visitas

As próximas charlas sobre a UNED en institutos na provincia de Ourense terán lugar durante a mañá deste vindeiro venres, nos dous IES de Verín, tanto no Taboada Chivite como no García Barbón.

Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar

Pero antes, este xoves, celebrarase outro acto de presentación da UNED, esta vez no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar. Por parte da UNED acudirán o vicerreitor adxunto de Estudantes e Centros Penitenciarios, Juan Luis de Diego Arias; o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz e a vicesecretaria xeral de Probas Presenciais da UNED, Cristina Sánchez Romero. Serán recibidos polo director do Centro Penitenciario, Francisco González Pérez. Tamén foron convidados a acudir tanto o Subdelegado do Governo, Emilio Afonso, como o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor. Trátase de presentar a oferta académica da UNED á comunidade de internos. Esta é a universidade aberta a toda a sociedade, facendo gala da igualdade de oportunidades para todos. En España o programa que desenvolve a UNED nos centros penitenciarios está moi recoñecido. A Dirección de UNED Ourense leva tempo xestionando esta visita que agora finalmente pode celebrarse no salón de actos do Centro Penitenciario ourensán. O obxectivo é achegar a universidade ao devandito centro en Pereiro para dar esta oportunidade a quenes o precisen.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es