Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED ensínache paleografía medieval

20 de marzo de 2023

A Universidade celebrará do 24 ao 28 de abril un curso de iniciación en colaboración co Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Calquera persoa interesada en coñecer esta disciplina poderá participar e cotexar as nocións teóricas vendo exemplos nos documentos da época que se mostrarán na sala. O curso conta co aval científico do Departamento de Historia Medieval, Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED .

OURENSE, 20 de marzo de 2023. UNED Ourense convídache a coñecer os segredos da Paleografía mediante o curso de iniciación á paleografía medieval que aborda a historia da escritura na Península Ibérica a través do coñecemento dos diversos modelos gráficos empregados desde o século XI ata o XVI. O curso está organizado pola UNED desde a súa Facultade de Xeografía e Historia en colaboración co Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Terá lugar do 24 ao 28 de abril nas instalacións do Arquivo.

Esta iniciativa consta de 15 horas lectivas e da dereito a obter 0,5 créditos ECTS. Poderá seguirse presencialmente na sala do Arquivo ou en liña, en directo ou en diferido. O curso está aberto a cantas persoas sintan curiosidade por coñecer a historia da escritura desde o século XI ao XVI a través de sesións divulgativas pero avaladas científicamente pola UNED. É unha oportunidade de coñecer con rigor os modelos gráficos da época proposta e ver a súa evolución. As sesións preséntanse atractivas porque os participantes terán oportunidade de ver diversos documentos propios deses séculos para observar como están escritos. É un achegamento singular a esta faceta da nosa cultura. E terá lugar nun dos arquivos provinciais máis importantes de España, o de Ourense.

As sesións desenvolveranse sempre en horario de tarde e o programa é o seguinte:

1. Luns, 24 de abril.  Os relatores serán: Adrián Ares Legaspi, Profesor Contratado Doutor da UNED. Doutor en Historia pola Universidade de Sevilla, actualmente é profesor da área de Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. Irene Pereira García, Persoal Investigador Doutor na UNED, é Doutora pola Universidade de León, Licenciada en Historia pola Universidade Complutense de Madrid, é investigadora posdoutoral do Departamento de Historia Medieval e Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. 

  • 16:30-16:45 h. Recepción de participantes e entrega de materiais.
  • 16:45-17:00 h.  Presentación do curso a cargo de Ana María Echevarría Arsuaga, directora do Departamento de Historia Medieval, Ciencias e Técnicas Historiográficas, e catedrática na Facultade de Xeografía e Historia da UNED, do director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz e do director del AHPOU, Pablo Sánchez Ferro. 

  • 17:00-20:00 h. Escrituras Visigótica e Carolina (séculos XI-XII).

2. Martes, 25 de abril. 

  • 17:00-20:00 h. Escrituras de Privilexios, Albalaes e Semicursiva (século XIII).

3. Mércores, 26 de abril. 

  • 17:00-20:00 h. Escritura de Privilexios, Albalaes e Precortesana (século XIV).

4. Jueves, 27 de abril. 

  • 17:00-20:00 h. Escritura Cortesana I (século XV).

5. Venres, 28 de abril

  • 16:00-19:00 h. Escritura Cortesana II (séculos XV/XVI).

Inscrición

A matrícula ordinaria é de 55 euros. A de estudantes tanto da UNED, como de outras universidades, ciclos FP, Escola Oficial de Idiomas, Conservatorio de Música, (teñen que aportar copia de matrícula do curso 2022-2023). pagarán 45 euros.

Matricúlate aquí

 

Este curso está dirixido por José Miguel López Villalba e coordenado por María Concepción Álvarez Gómez, Secretaria de UNED Ourense e profesora titora en Historia da Arte.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es