OURENSE, 17 de marzo de 2023. Nove IES da provincia acollerán nos próximos días conferencias sobre a UNED, destinadas aos estudantes de Bachalerato. O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, retoma as visitas a estes centros, nesta ocasión aos institutos ubicados en Celanova, O Carballiño, Maceda, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.
A primeira destas charlas orientativas terá lugar na capital limiá, o martes, día 21 de marzo, ás 08:30 horas no IES Lagoa de Antela. A segunda desenvolverase no IES Cidade de Antioquía, tamén en Xinzo.
O venres, día 24, a UNED achegarase a Verín, onde o seu director dirixirase aos estudantes do IES García Barbón, ás 09:10 hrs. e ao mediodía fará o mesmo no IES Taboada Chivite.
As seguintes conferencias irán dirixidas aos mozos que están a piques de ir á Universidade e que para elo se preparan en O Carballiño. Están fixadas dúas intervencións, a primeira no IES Chamoso Lamas, a partires das 10:20 hrs, e a segunda, no IES Nº 1.
Celanova acollerá igualmente esta charla para coñecer como se estuda na UNED, e a súa oferta de graos, mestrados, micrograos e doutoramento. Será o día 12 de abril, ás 13:00 horas no IES Celso Emilio Ferreiro.
No IES Serra de San Mamede de Maceda haberá outra charla o 28 de marzo, ás 13:20 horas. E no IES O Ribeiro, en Ribadavia, outra na mañá do venres 31.
UNED Ourense visitou os institutos de A Rúa, O Barco, Trives e Viana no curso anterior. Esta vez continúa polo resto do territorio provincial centrándose no rus e na zona occidental.
A UNED permite estudar 30 graos sen nota de corte. Ofrece tamén graos combinados, é decir, permite obter dúas titulacións en áreas de coñecemento afíns cursando menos de 360 ECTS. Mestrados universitarios ten máis de 75 en cinco áreas de coñecemento. Tamén ten micrograos, que son títulos universitarios que se poden finalizar nun ano. Os créditos ECTS, unha vez aprobados, poden incorporarse ao expediente do grao ou do mestrado correspondente.
A UNED ofrece 21 programas de doutoramento e xa son varios os ourensáns que están inmersos neles.
UNED Ourense
Comunicación