Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Cos vosos experimentos, coas vostras investigaciones, estades un pouquiño máis preto da Universidade"

2 de marzo de 2023

O director de UNED Ourense dirixiuse aos escolares do Colexio Guillelme Brown na inauguración da XXI Expociencia que xuntou 51 actividades científicas realizadas por todos os nenos e nenas e mostradas no pabillón polideportivo.

OURENSE, 2 de marzo de 2023. O Colexio Guillelme Brown celebrou durante a xornada deste xoves a súa XXI Expociencia, unha feira científica na que todos os escolares do centro, desde os de 3 anos ata os mais mozos, traballaron en decenas de experimentos que mostraron nos expositores colocados no polideportivo do colexio. Ao acto de inauguración, celebrado ao mediodía, acudiron o alcalde de Pereiro, Luís Menor Pérez; o inspector de Educación, Enrique Álvarez Roales, que tamén é profesor titor no novo grao en Educación Infantil da UNED, e o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz e a presidenta da Cooperativa do Colexio Guillelme Brown, Ángeles Garrido Pato. Os tres foron presentados pola directora do colexio, Yolanda Valeiras Vázquez

Tomaron a palabra, en primeiro lugar García Díaz, quen se dirixiu a toda a comunidade escolar reunida nas bancadas do patio cuberto, xunto aos seus profesores e pais, para darlles o parabén: "Quero felicitar e dar o parabén a toda esta comunidade escolar polo tempo que dedicades a potenciar a investigación científica. É moi importante que en todos vós, desde os máis pequenos aos máis maiores desenvolvades esa curiosidade polo Coñecemento, que non ten límites. Fixádevos que a investigación é unha actividade fundamental na Universidade. Non pode haber Universidade sen investigación. E vós, cos vosos experimentos, coas vosas investigacións, estades un pouquiño máis preto da Universidade. Seguide así, levando a cabo este labor encomiable que vos axudará, co tempo, a afrontar os desafíos da vida". 

Yolanda Valeiras Vázquez, Ángeles Garrido Pato, Luís Menor Pérez, Jesús Manuel García Díaz e Enrique Álvarez Roales, no polideportivo coa XXI Expociencia.

Jesús Manuel García tamén lembrou a colaboración deste colexio con UNED Ourense: "O Guillelme Brown é un dos centros educativos que ten establecida colaboración coa UNED a través da aula Científica. Xa realizamos dous talleres exitosos nestas aulas nos últimos meses e esperemos que antes de que finalice este curso podamos desenvolver outro". 

No pavillón deportivo expuxéronse 51 iniciativas científicas realizadas por todos os estudantes do colexio.

Luís Menor felicitou tamén a todo o colexio polo labor de investigación que leva a cabo e polas 21 edicións da súa Expociencia. Díxolles que "a esta hora en todo ou Concello do Pereiro non hai un acto tan grande como este non que estamos", dixo #ante un auditorio repleto de escolares, docentes e pais. O alcalde confesoulles que viu nacer o proxecto deste colexio e que a punto estivo de converterse nun dos seus primeiros profesores, "pero ao final decidín ir por outra vía". Menor aludiu aos cambios que a vida trae, poñéndose o como exemplo de acabar traballando en Xustiza e non na docencia.

Entre os traballos expostos atopábase un monocordio que chamou a atención dos visitantes. 

Houbo unha actuación dun grupo de alumnos de secundaria e tras as palabras de Yolanda Valeiras, que non podía ocultar o orgullo, xunto a todo o seu equipo, anunciou que se inauguraba a XXI Expociencia. Todos se desprazaron ao polideportivo onde os nenos e nenas, desde a máis tenra idade, explicaban ao público os seus experimentos. Había expostos 51 experimentos, desde O ovo saltarín ou Facemos pintura con fariña, de Primaria ata o interesante Monocordio, ou o expositor onde se facía impresión 3D dun brazo articulado. Os escolares esforzáronse en dar explicacións do que fixeran. Todo o colexio involucrouse e hoxe era o seu día, despois de semanas de preparativos por parte de todos. 

Noutro expositor puido verse o deseño e impresión 3D dun brazo articulado feito por alumnos de terceiro de Secundaria.

Foi unha xornada festiva coa ciencia. Con estes experimentos, os escolares aprenden e divírtense. Fixeron realidade aquela frase de Confucio que di: "Contáronmo e esquecino; vino e entendino; fíxeno e aprendino".

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es