Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense actualiza a súa imaxe externa 

8 de febrero de 2023

O Centro Asociado renovou, después de 31 anos, o seu cartel exterior no acceso rodado e outro no interior, axeitándoos á nova imaxe corporativa da Universidade pública máis grande de España

OURENSE, 8 de febreiro de 2023. UNED Ourense renova a súa imaxe externa nas súas instalacións. Desde fai unhas horas cambiou o contido do cartelón que anuncia a presenza do noso centro universitario na urbanización Torres do Pino. Tanto este panel grande no exterior como o que se colocou na entrada do centro asociado, renovan a imaxe do mesmo adaptada á liña de comunicación corporativa da nosa Universidade.

Durante trinta anos o cartel no muro de acceso xunto á rampa anunciaba a presenza da UNED con caracteres en azul sobre un fondo branco e a rosa dos ventos, que é o escudo da UNED, no centro. Ese panel cumpriu dabondo a súa función informativa ata quedarse obsoleto no seu deseño.

Grazas ao pulo dado desde o departamento de Comunicación de UNED Ourense, cambiouse o deseño do cartel de xeito que concorda plenamente coa comunicación que marca a imaxe de toda a Universidade, a máis grande de España en número de estudantes e que ten o campus máis extenso de Europa.

Na entrada do propio centro universitario ourensán pode verse outro panel, á dereita, de menor tamaño, coa mesma liña de deseño no verde corporativo co que tamén se identifica a UNED Ourense, ao igual que os outros 60 centros da UNED en todo o territorio español e os máis de 20 noutros países.

"En UNED Ourense non somos alleos á boa comunicación e iso implementamos fai xa máis de catro anos, de modo que o noso plan de comunicación non ten fin, nunca está pechado nin completo pois ímolo mellorando día a día, mes a mes. Agora tócalle aos nosos letreiros de ubicación. Xa dixemos noutra ocasión que a comunicación en todas as súas facetas é fundamental en UNED Ourense e que está sempre en sintonía coa xeral da nosa Universidade. Mantela cada xornada supón un esforzo ao que non renunciamos ningún día dea semana", sinala o director, Jesús Manuel García Díaz, impulsor do plan de comunicación deste centro, que mudou e segue a mudar, transformando a imaxe do mesmo nos últimos anos. E que abrangue toda actividade dentro das súas instalacións.

La comunicación de UNED Ourense puede seguirse a través de:

"A nosa comunicación basease en principios de comportamento ético, na transparencia e veciñanza co noso público e proveedores e nun forte  compromiso social de esta Universidad con Ourense, que se mantén felizmente desde fai 31 anos", sostén o director con firmeza. "Esta dirección quere un centro moderno, e que esa modernidade se transmita a e desde queenes o fan posible a diario. É un cambio de época, un adaptarse con ilusión ao que vai vindo porque todo, incluso as institucións, evolúen e todo esto é fascinante. Imos pouco a puoco, pero sen pausa, subindo novos banzos cada xornada, sen volta atrás", engade García Díaz.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es