Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

En UNED Ourense realizáronse 1.450 exames durante a convocatoria xaneiro-febreiro

14 de febrero de 2023

A normalidade foi o ton dominante durante as 40 sesións celebradas en 10 días. Os estudantes afrontaron as probas coa ilusión de seguir construíndo un futuro persoal diferente e esperanzador.

OURENSE, 14 de febreiro de 2023. A convocatoria de exames celebrada na última semana de xaneiro e na segunda de febreiro na UNED fixo que en Ourense se levaran a cabo 1.450 exames durante os 10 días que durou esta convocatoria, repartida en 40 sesións de dúas horas cada unha a razón de dúass matinais e dúas vespertinas de luns a venres do 23 ao 27 de xaneiro e do 6 ao 10 de febreiro.

Na primeira semana, que foi do 23 ao 27 de xaneiro, realizáronse en UNED Ourense 548 exames. Deles, 153 foron de Dereito; 140 de Psicoloxía, seguidos dos 62 do Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos, e 61 exames da Facultade de Educación. Os de Filoloxía foron 40, realizándose 20 de Políticas e Socioloxía; 19 de Económicas e Empresariais; 17 de Xeografía e Historia. De Ciencias fixéronse 13 exames nesta primeira semana, a mesma cantidade que en Filosofía. E de enxeñerías houbo 10, é dicir, 5 en Informática e outros tantos en Industriais, entre outros.

O tribunal estivo formado por María del Rosario Domingo Navas, presidenta; Jesús Manuel García Díaz, vicepresidente; Alejandro Rodríguez Ascao como secretario e María Nuria Carriedo López en calidade de vogal. Na comisión de apoio ao tribunal estaban María Concepción Álvarez Gómez, polos profesores titores e polo PAS: Elisa Muradás Bravo e María Elvira Pavón Pazos

Na segunda semana, do 6 ao 10 de febreiro, realizáronse en UNED Ourense 902 exames. Deles, 263 corresponden a Psicoloxía; 226 a Dereito sendo os de Educación 147. Entre outros estudos superiores houbo 62 exames de Filoloxía; 50 de Xeografía e Historia ou 43 de Ciencias Económicas e Empresariais. 

O tribunal desta segunda semana estivo formado por Gabriel Diaz Orueta como presidente; Jesús Manuel García Díaz como vicepresidente e Beatriz María Rodríguez López en calidade de secretaria. Na comisión de apoio ao tribunal, por parte do sector de profesores titores actuou Nemesio Pereira Lorenzo e, por parte do PAS, Luís Gulín Iglesias e María Gladys Fernández Losada

"Os nosos estudantes son o noso mellor activo, e unha vez máis se comportaron como adultos, honestos e con saber estar. Era un gusto velos dándoo todo cara o papel do exame, vertendo sobre el as súas expectativas de futuro, a súa ilusión porrematar un grao, micrograo ou mestrado. Son persoas que ou ben están a comezar os seus estudos universitarios ou ben xa van pola terceira ou cuarta carreira, como o caso dun ourensán xa xubilado que goza estudando un novo grao, polo simple feito de saber, e ter a mente ocupada. Ou o que está a iniciar a súa terceira carreira e o ano que vén desexa matricularse no Doutoramento relacionado con algún dos graos anteriores. Vimos tamén unha funcionaria do grupo C que está a sacar o seu grao en Ciencias Xurídicas e da Administración para poder ascender a un nivel superior", sinala o director, Jesús Manuel García Díaz, quen recibiu a todos e cada un dos alumnos no vestíbulo de UNED Ourense todos os días de ambas as semanas de exames, arrincando aos estudantes un sorriso. "Connosco estuda algún futbolista ourensán, axentes de seguridade, inspectores de Facenda, funcionarios, médicos e moitos mozos que optan polo esforzo que supón realizar os seus estudos universitarios na UNED", indica o director ourensán, engadindo que "o nivel de esixencia da UNED é proporcional ao seu prestixio. Non hai nada imposible, pero aquí estúdase, trabállase a conciencia".

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es