Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED convértese en Centro de Exames para os niveis B1, B2 e C1 do Trinity College London

24 de enero de 2023

O CUID ofrecerá próximamente datos sobre o prazo de matrícula para quenes queiran estudar desde Ourense a lingua de Shakespeare.

OURENSE, 24 de xaneiro de 2023. A UNED xa é oficialmente Centro de Exames para os niveis de inglés B1, B2 e C1 do Trinity College London. Os interesados terán en vindeiras datas todos os datos para efectuar a matrícula a través do Centro Universitario de Idiomas a Distancia da UNED (CUID), cuxos rersponsables encabezados polo reitor da UNED, Ricardo Mairal, asinaron o pasado novembro un acordo de colaboración co director executivo do Trinity College London, Erez Tocker. Así o CUID converteuse en Centro de Exames Rexistrado. Desde a UNED prestaranse os servizos de exames Trinity para España e Portugal.

Os exames de inglés Trinity están recoñecidos internacionalmente como unha acreditación que garante o uso da lingua inglesa a diferentes niveis. O enfoque das súas cualificacións basease en desenvolver as habilidades comunicativas e interactivas da linguaxe, promovendo tamén as habilidades necesarias para o século XXI.

Os exames Trinity son axeitados para persoas de todas as idades que estudan inglés como lingua extranxeira. Están dispoñibles para todos os niveos, desde estudantes principais ata avanzados, e ofrécense a candidatos individuais, academias, colexios e universidades en máis de 60 países, incluida grazas a este acordo, a UNED.

Elixe entre 16 idiomas en modalidade en liña ou semipresenzal

Os cursos de idiomas de la UNED ofertados a través do Centro Universitario de Idiomas a Distancia, están deseñados para traballar en cada nivel, sen esquecer as catro competencias comunicativas (gramatical, sociolingüística, discursiva e estratéxica), a compresión e expresión, tanto oral como escrita. Entre a súa amplia oferta, pódese elexir desde os idiomas cooficiais de España, pasando polas linguas europeas ata aqueles tan demandados como o chinés, o árabe ou lingua de signos española. Os cursos están dirixidos a toda persoa de nacionalidade española ou extranxeira a partires dos 16 anos, sen necesidade de posuír titulación académica.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es