Mapa web
Youtube
Campus UNED

A UNED organiza un curso de virus emerxentes na nosa sociedade

18 de noviembre de 2022

A matrícula está aberta ata o 30 de novembro. Celebrarase do 5 de decembro de 2022 ao 31 de maio de 2023.

OURENSE, 18 de novembro de 2022.A UNED organiza a sexta edición do Curso de Virus Emerxentes, un programa de posgrao que dá dereito ao diploma de experto universitario nesta materia. A súa duración é de seis meses, desde o 5 de decembro de 2022 ao 31 de maio de 2023, e consta de 500 horas. O obxectivo principal do curso de “Virus emerxentes”, é que os estudantes aprendan as características máis relevantes e profunden no coñecemento sobre os virus emerxentes e re-emerxentes que existen actualmente na nosa sociedade e con potencial pandémico. Impártese segundo a metodoloxía a distancia da UNED. A súa realización dá dereito á obtención dun Título Propio outorgado pola UNED. 

 OBXECTIVOS

 Os obxectivos principais do curso “Virus emerxentes” son os seguintes: 

  • Aprender as nocións máis relevantes sobre os virus emerxentes e re-emerxentes actuais.
  • Estudar a composición dos virus, os factores implicados na súa aparición, os seus mecanismos de transmisión e as ferramentas biotecnolóxicas que se desenvolven para combatelos.
  • Profundar no estudo dos virus emerxentes zoonóticos máis perigosos para o home e aprender como se diagnostican no laboratorio as enfermidades causadas polos mesmos.
  •  Coñecer as vacinas e as terapias antivirais que existen para facer fronte a estes patóxenos. Saber aplicar os coñecementos teóricos adquiridos para realizar diferentes exercicios e supostos prácticos non presenciais, propostos polo Equipo Docente.

AVALIACIÓN

 O Equipo Docente proporciona ao estudante os temas de estudo e todo o material necesario a través do Curso Virtual. Para superar o curso realízanse unha serie de exercicios obrigatorios, que se propoñen a través do Curso Virtual, ao que se pode acceder coas claves de acceso que se lle proporcionan ao estudante cando se matricula a través do campus docente da UNED.

EQUIPO DOCENTE

Dra. Mónica Morales Camarzana, codirectora UNED, profesora titular de Universidade Área de Bioloxía Celular e Molecular; Dra. Raquel Martín Folgar, codirectora UNED Profesora Contratada Doutora Área de Bioloxía Celular e Molecular Colaboradores externos: Dr. Juan Bárcena del Riego, Dra. Esther Blanco Lavilla, Dr. Alejandro Brun Torres, investigadores titulares do Centro de Investigación en Sanidade Animal (CISA) Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA); Dr. Gonzalo Pascual Álvarez, xefe do Servizo de Bioseguridade e Biocontención do Centro de Investigación en Sanidade Animal (CISA) Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA) E vídeo-clases de relatores especializados en Viroloxía clínica e molecular.

INFORMACIÓN E MATRICULACIÓN

 O prazo de matrícula prolóngase ata o próximo día 30 de novembro de 2022. Información de matrícula: Fundación UNED C/ Guzmán o Bo, 133 - Edificio Xermania, 1ª planta 28003 Madrid Teléfonos: +34913867275/1592 Correo electrónico: bsaez@fundacion.uned.es , http://www.fundacion.uned.es A matrícula poderase realizar aquí NÚMERO DE CRÉDITOS 20 créditos ECTS 500 horas. 

ACREDITACIÓN DIPLOMA DE EXPERTO UNIVERSITARIO Prezo público de matrícula: 760 €. O pago pode fraccionarse en dous prazos. Descontos e axudas 

PROGRAMA

UNIDADE 1

  • Tema 1. Introducción aos virus.
  • Tema 2. Virus Emerxentes e virus reemerxentes. Factores implicados na súa aparición, expansión e modos de transmisión.
  • Tema 3. Diagnóstico de laboratorio das enfermedades virais.
  • Tema 4. Prevención de infeccións virais: vacinas e terapia antiviral.

UNIDADE 2

  • Tema 5. Febres hemorráxicas.
  • Tema 6. O virus do Nilo occidental (WNV).

  • Tema 7. Virus da rabia (RABV).

  • Tema 8. Virus Nipah e virus Hendra.

  • Tema 9. Coronavirus: SARS, MERS, SARS-CoV2.

  • Tema 10. Virus transmitidos entre persoas por transmisión sexual e/ou parenteral.
  • Tema 11. O virus do Zika (ZIKV).

  • Tema 12. O virus da Gripe A.

UNIDADE 3

  • Tema 13. Os virus como armas biolóxicas. Bioterrorismo.
  • Tema 14. Condicións de traballo con virus emerxentes. Bioseguridade.

DESTINATARIOS

Este curso vai dirixido a Licenciados, Diplomados, Estudantes e, en xeral, para persoas que queiran actualizar ou ampliar os seus coñecementos sobre os virus e, en particular, sobre os virus emerxentes.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es