Mapa web
Youtube
UNED

Comeza en UNED Ourense un curso para axudar a deixar a prostitución

14 de noviembre de 2022

Consta de 22 horas e celebrarase do18 ao 26 de novembro en Celanova. Consta de 30 prazas e un crédito ECTS.

OURENSE, 14 de novembro de 2022. A saída da prostitución é un camiño especialmente longo e doloroso que parece non ter fin e no que moitas mulleres atópanse con obstáculos que parecen insuperables. Con este curso, UNED Ourense pretende aclarar cales son as dificultades que aparecen ao deixar a prostitución e, á vez, mostrar as vías de apoio ás mulleres durante este proceso e despois do mesmo. Desenvolverase do 18 ao 26 deste mes de novembro no Salón dos Arcos, na sede municipal de Celanova. Consta de 22 horas lectivas e dá dereito a un crédito ECTS. O curso celebrarase en modalidade presencial. E encádrase na programación do 50 aniversario da UNED.

O programa é o seguinte:

  • Venres, 18 de novembro: 16:30-18:30 h. Trata de Seres humanos-A visión desde a Garda Civil, con Aser Moreiro Casal, garda civil con destino no Equipo Muller Menor (EMUME) da Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ. De18:30-20:30 h. Legalización e ilegalización da prostitución: a) Ilegalización da actividade; b) Penalización ao usuario. Con Alejandra Fernández González, avogada experta en violencia de xénero.
  • Sábado, 19 de novembro: 09:00-14:00 h. Construción da desigualdade. Intervirá Yerma González Hevia, psicóloga forense, activista feminista e integrante da Asociación Feminista Falando Nós. A continuación, de 16:00-20:00 h. falará de Pornografia e prostitución: realidade socializadora e cultura da violación. Análise xurídica-político do sistema prostitucional
  • Venres, 25 de novembro: 16:00-20:00 h. Trauma e prostitución, con Yerma González Hevia
  • Sábado, 26 de novembro: 09:00-14:00 h. Intervención profesional: detección e prevención de mulleres e nenas en situación de prostitución. Este tema será exposto por Yerma González Hevia
 

As prazas están limitadas a 30 e este curso foi homologado provisionalmente pola Academia Galega de Seguridade Pública. A matrícula é ordinaria e costa 35 euros. Está dirixido por José María Failde Garrido, profesor yutor de UNED Ourense, doutor en Psicoloxía e profesor titular da Facultade de Educación (Universidade de Vigo) na área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos. O coordinador é Roberto Ignacio Fernández López, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo, profesor titor e coordinador de Extensión Universitaria de UNED Ourense.

 Matricúlate aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es