Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Gozade de todo eso que vos levará a conseguir a vosa titulación superior na UNED"

30 de septiembre de 2022

UNED Ourense celebrou esta mañá unha xornada de Portas Abertas para acoller a un grupo de novos estudantes.

OURENSE, 30 de setembro de 2022. Un grupo de novos estudantes da UNED acgegáronse esta mañá ata a sede de UNED Ourense para asistir ´xornada de Portas Abertas organizada para eles. A cita foi no salón de actos do centro asociado. O seu director, Jesús Manuel García, deulles a benvida e explicoulles como é a estrutura da UNED e como deben estudar nesta universidade.  "A UNED cumpre 50 anos e hoxe é a universidade pública máis grande de España. O seu nivel de esixencia é notable, porque nelo vaille o prestixio. Vides a unha universidade que vos vai formar ben, pero teredes que traballar arreo. Recoméndovos empezar xa a ler os libros de cada materia, empezade xa, sen perder tempo, para afacervos a avanzar sen máis dilación", díxolles. Tamén lles informou de como se fan os exames, e de como deben ter aberto cada día o seu correo electrónico de estudante UNED para non perder ningunha información do seu interese.

Entre os novos estudantes había quen se matriculou en Dereito, en Educación Infantil, en Traballo Social, Psicoloxía ou Matemáticas. O director lembroulles que consulten toda a bibliografía de cada materia, pois teñen acceso a todos os libros a través da Biblioteca Xeración Perdida, que é a de UNED Ourense. "Canta máis bibliografía empreguedes para preparar as vosas materias, mellor formados ides ir aos exames". 

O profesor titor Jesús Carballo, responsable do Centro de Orientación e Emprego (COIE) no noso centro asociado, explicoulles como funciona este departamento, que está para axudar a todos os matriculados. Carballo díxolles que poderán efectuar calquera consulta os martes de catro a oito da tarde. Faloulles tamén de organizar o estudo, de acudir ás titorías, e engadiu que a autoorganización , constancia e motivación dos estudantes da UNED fai que varias empresas saiban valorar ese traballo grande que levan a cabo estas persoas á hora de decantarse por un novo traballador. 

Dúbidas sobre trámites, bolsas, convalidacións, foron liquidadas por Luís Gulín, membro do Persoal de Administración e Servizos (PAS). Tras esta sesión informativa, o grupo de novos estudantes foi levado polo director para coñecer todas as estancias de UNED Ourense. "Esta é a vosa casa, anímovos a empezar o curso con esperanza e ilusión. Divertídevos estudando, preparando cada materia. Gozade de todo iso que vos levará a conseguir a vosa titulación superior na UNED. Escollede o momento do día que máis se adapte para estudar e unha vez elixido, que sexa inamovible, que non volo altere ninguén. Cando pasen uns días, estaredes feitos a esa rutina e poderedes avanzar ata onde cada un de vós queira chegar", díxolles Jesús Manuel García.

Todos os asistentes recibiron un pequeno detalle de UNED Ourense. "Facede uso do centro, seguide nosas redes sociais, a nosa web, e as redes da vosa Facultade, para estar ao día de canta actividade se programe e sexa de interese para o que vós estades a estudar. Estudar na UNED e superar os estudos non é cuestión imposible. O segredo está en preparar cada día ben os temas e, baixo ningún concepto optedes por deixar todo para o último momento, pois xa vos adianto que esa vía non vos levará ao éxito. Aproveitade todos os recursos que pon ao voso alcance a universidade e ide a por todas", rematou o director de UNED Ourense.

As titorías na UNED comezarán o vindeiro luns, día 3 de outubro. O prazo de matrícula terminará o 21 de outubro.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es