Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Investigar en Galicia é un gusto, da mesma forma que é un gran pracer e emoción facer Galicia día a día desde a UNED"

10 de agosto de 2022

O director de UNED Ourense foi un dos galardoados nos Premios Alecrín entregados este mércores na Estrada. Jesús Manuel García recibiu o Alecrín de Investigación e chamou a atención sobre a destrución do patrimonio cultural, natural e antropolóxico en Galicia.

OURENSE, 10 de agosto de 2022. O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, recollía esta mañá o Premio Alecrín de Investigación, un dos 14 galardóns que a Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña (Fegalcat) concede este ano a persoas e organizacións galegas destacadas polo seu traballo en favor de Galicia. O acto tivo lugar no Teatro Principal da Estrada (Pontevedra), ao mediodía. Alí estaban o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o Tenente de Alcalde da Estrada, Juan Constenla; o presidente de Fegalcat, Domingo Balboa así como outros representantes de entidades galegas en Cataluña. A secretaria desta Federación, Marisol Pérez, deu lectura á acta oficial na que se nomea aos premiados, segundo sesión celebrada en Barcelona, o Día das Letras Galegas de 2022. A continuación, o presidente de Fegalcat ofreceu unhas palabras de benvida e, de seguido foise chamando a cada un dos 14 premiados para a entrega dunha figura de cerámica galega e un diploma acreditativo. 

Jesús Manuel García agradeceu o premio Alecrín de Investigación, que llo entregou o membro da Comisión Delegada da Xunta e presidente do Centro Galego de Castelló, Xosé Filgueira, á vez que felicitou “aos outros 13 galardoados e galardoadas” engadindo que “é un gusto investigar en Galicia, non meu caso estudando a purga dúas mestres de escola na provincia da Coruña no primeiro franquismo, un traballo que nos reportou unha base de datos de máis de douscentos mil rexistros. O traballo neste senso máis completo ata o de agora nunha provinca galega”.

O director de UNED Ourense salientou igualmente “que é tamén un pracer grande e emoción facer Galicia día a día desde a UNED, a universidade pública máis grande de España asentada tamén na nosa comunidade autónoma”. Esa Galicia, dixo García Díaz, “que tristemente se permite atentar contra ou seu patrimonio natural cos incendiarios, ou contra o patrimonio construído, vexan as pintadas nos nobres muros; ou contra as noas tradicións máis xenuinas, eis a supresión dos cadaleitos hai uns días por parte do cura de Santa Marta de Ribarteme. Como para o ano non haxa a romaría como manda a tradición, seremos toda Galicia testemuña dun fracaso colectivo, social, naquel Concello das Neves. Ogallá reine o sentidiño na nosa terra”. Estas palabras foron moi aplaudidas no Principal estradense.

Os outros premiados foron:

  • Alecrín de Literatura, a Rexina Vega pola súa traxectoria literaria e polas diversas investigacións sobre a figura de Álvaro Cunqueiro. Recibiuno de mans da mestra e poetisa Helena Villar Janeiro.
  • Alecrín de Comunicación ao xornalista Martín Fernández Vizoso polo seu traballo na defensa da memoria da emigración galega, en xeral e dos emigrantes de Ribadeo en particular. Entregoullo Domingo Balboa Amor, presidente de Fegalcat.

  • Alecrín de Promoción Cultural a Nordesía Produccións polo seu traballo de desenvolvemento de eventos artístico-musicais que fomentan e recollen a diversidade cultural. O copropietario do restaurante Dezaseis, de Santiago de Compostela, Suso do 16, entregou o galardón a Víctor Belo, representante de Nordesía.

  • Alecrín de Arte a Ramiro Cimadavila pola súa traxectoria persoal en pintura, e coa diáspora galega en Cataluña. Fíxolle entrega do premio o presidente da Irmandade ou Botafumeiro de Cerdanyola, Teodoro Álvarez.

  • Alecríns de Empresa ao conglomerado empresarial AUSAMA, AUSAVIL e Irmáns Villar – Nearlamela, e á empresa Construccións Bamarti polo seu labor na defensa e apoio á lingua e cultura galegas. Fíxolles entrega do galardón o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.

  • Alecrín de Música a Benito Villar Fernández pola súa traxectoria neste campo. Recibiu o premio de mans da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

  • Alecrín en Defensa do Gallego ao programa Dígocho Eu da TVG. A súa asesora lingüística, Rocío Pérez, recibiu o premio de mans do tenente de alcalde da Estrada, José Constenla.

  • Alecrín de Arte Audiovisual ao humorista Isi. Natural da Estrada, emocionouse e fíxolle entrega do premio a cantante galega Pili Pampín.

  • Alecrín de Música Tradicional ao Grupo Tequexetéldere da Estrada no seu aniversario. Recibiron o premio de mans da secretaria de Fegalcat, Marisol Pérez, e ofreceron unha danza na que as mulleres bailaban cunha cesta de pan sobre a cabeza.

  • Alecrín Escritora Local, a Rosalía Morlán que representou a Galicia en varios días de Sant Jordi. Recolleu o premio de mans do tamén escritor, Xesús Rábade.

  • Alecrín de Emigración a José María Vila Alén ex-presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, persoa moi relevante na colectividade galega en Arxentina. Entregoulle a escultura e o diploma o presidente de Alborada Galega dá Llagosta, José Luis Salgueiro.

  • Alecrín Berciano á Empresa Vallelongo polo seu apoio a ASOBECAT. O presidente da Asociación de bercianos en Cataluña (Asobecat), Juan Pedro, fixo entrega do premio a Carlos Pardo.

  • Alecrín Empresarial en Cataluña a Clean Channel. Recolleu o galardón o conselleiro delegado de Clean Channel España, Jordi Saez, a quen llo entrego o presidente da Asociación Airiños dá Nosa Galicia de Santa Coloma, José Canosa. 

A subdirectora xeral de Coordinación Administrativa da Xunta de Galicia, María Baleato González, fixo entrega dun detalle de agradecemento ao tenente de alcalde da Estrada, José Constenla. Este salientou que A Estrada é unha vila que debe o seu desenvolvemento aos emigrantes que tanto ben fixeron á terra onde naceron.  Os premios Alecrín, desde a súa fundación, están en mans dun nutrido grupo de persoas físicas e xurídicas dos ámbitos da cultura, a sociedade, a empresa, as artes e a política en relación con Galicia. 

 Foi un acto que durou dúas horas e non estivo exento de emoción. O principal motivo desa emoción alí no foi outro Galicia e o galego.

UNED Ourense

Comunicación

FOTOS: Alberto Ribas

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es