Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense acadou as 2.200 persoas matriculadas no último curso académico 

18 de julio de 2022

As actividades de extensión universitaria duplicaron a cifra de participantes na oferta formativa global do ano académico da nosa Universidade na provincia ourensá. 

OURENSE, 18 de xullo de 2022. Durante o curso académico 2021/22 que acaba de finalizar, en UNED Ourense matriculáronse nos seus cursos de extensión universitaria 1.137 persoas, a cifra máis elevada nos últimos anos neste aspecto. A ela hai que engadir os máis de mil alumnos que se matricularon en grao ou en mestrado . De aquí conclúese que durante o curso que finalizou, o número de persoas matriculadas en UNED Ourense alcanzou as 2.200, unha cifra importante. 

En todo o ano académico levaronse a cabo desde UNED Ourense 22 actividades de extensión. Delas, a UNED Senior (que se recupera lentamente tra-la pandemia) tivo dúas, con 22 participantes. Tratouse dunha xornada sobre seguridade viaria e outra acerca da ciberdelincuencia.

Entre outros cursos de extensión universitaria e actividades culturais rexistráronse en total 1.115 participantes. Así, 61 matriculáronse o o primeiro Curso de especialización en viticultura e enoloxía: encontros para o progreso e o emprendemento, celebrado na aula Universitaria da Rúa. En Xinzo tivo lugar o primeiro Curso de Dirección de Banda de Música, con 14 participantes. En Castrelo de Miño celebráronse tres cursos relacionados cos viños e a cata de espumosos, que congregaron a 50 participantes.

En Ourense o número de participantes nas citas de extensión suman 990. Houbo en total 14 actividades, entre elas as Xornadas sobre o legado do arquitecto Antonio Palacios, con 39 matriculados; as Xornadas de Historia que organizan cada ano a UNED e a Uvigo, con 200 participantes; o acto de impoñer o nome de Xeración Perdida á Biblioteca de UNED Ourense, cunha conferencia que reuniu a 120 persoas, ou a Xornada xurídica sobre resolución de casos prácticos no ámbito policial, con 240 matriculados.

 "Foi un ano realmente interesante en accións de extensión. Seguiremos deseñando outras que convoquen o interese dos cidadáns. Na nosa oferta temos xa citas que se van consolidando e que fan de UNED Ourense unha referencia, como o curso de Lingua de Signos, ou o de Dirección de Bandas de Música, que é único en España, entre outros. A través da extensión universitaria exercemos unha acción de servizo cultural para a nosa sociedade ourensá, máis aló da formación superior regrada que a nosa Universidade ofrece cos seus 30 graos e máis de 70 mestrados. Aí vese o servizo público que a UNED presta á provincia, e do que nos enorgullecemos tras unha dilatada experiencia de trinta anos que imos incrementando cada curso", sinala o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es