Mapa web
Youtube
Campus UNED

Aberta a presentación de propostas para impartir materias en UNED Senior Ourense

12 de mayo de 2022

O prazo remata o 25 de maio e hai que remitir a Secretaría un currículum e unha guía docente 

OURENSE, 12 de maio de 2022. Unha vez recuperada a presencialidade na UNED Senior de Ourense durante o curso 2021-22 estamos a preparar o curso UNED Senior 2022-23. Os interesados en impartir algunha materia neste programa deben reunir os seguintes requisitos: en primeiro lugar, enviar á Secretaria de UNED Ourense un curriculum e unha guía docente desa materia, que poderán descargar como Anexo I aquí.

O prazo para remitir as propostas de materias e as guías docentes finaliza o día 25 de maio de 2022. As recibidas con data posterior, de cubrirse o número de materias a ofertar, quedarán en reserva para o seguinte curso académico. Todas as propostas serán remitidas á seguinte dirección de correo: secretaria@ourense.uned.es

O horario no que está previsto impartir docencia na UNED Senior de Ourense é os luns e xoves, de 16,30 a 20,30 horas. O primeiro cuadrimestre comezaría o 6 de outubro de 2022 e finalizaría o 9 de febreiro de 2023, interrompéndose as clases entre o 20 de decembro e o 6 de xaneiro. O segundo cuadrimestre comezaría o 13 de febreiro e terminaría o 5 de xuño de 2023, interrompéndose as clases durante a Semana Santa.

En total 15 semanas por cuadrimestre, polo que cada materia poderá ser impartida en sesións dun máximo de dúas horas, con excepción das actividades presenciais que se desenvolvan fose da aula. As clases das materias ofertadas impartiranse no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Quen participe no programa recibirán unha compensación económica de 500 € brutos por cada materia impartida de 30 horas.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es