Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O director de UNED Ourense inaugurará este venres a Semana de Orientación Académico Profesional en A Rúa

1 de febrero de 2022

O acto tenrá lugar no colexio San Pablo VI, ás 10.40 horas. No programa participan tamén, as universidades de Vigo, Santiago, Navarra e a Europea

OURENSE, 1 de febreiro de 2022. A UNED estará presente na Semana de Orientación Académico-Profesional que un ano máis organiza o colexio San Pablo VI de A Rúa. Xunto á nosa Universidade tamén colaborarán a Uvigo, a USC, a Universidade de Navarra, a Universidad Europea o IES Xermán Ancochea Quevedo, a AFN, a Escola Profesional Santo Cristo e Cruz Vermella así como a Subdelegación de Defensa.

Nesta ocasión será o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, quen inaugure os actos da devandita semana no centro valdeorrés. Ofrecerá unha charla animando aos estudantes de cuarto de ESO e de Bacharelato a afrontar os estudos universitarios con ilusión cando lles chegue o momento, e tamén os informará sobre a oferta da UNED, a universidade pública máis grande de España co maior campus universitario de Europa. A súa intervención comezará ás 10.40 horas e estenderase ata as 11.30 horas no Salón de Actos. Pretende ser unha sesión en coloquio cos estudantes. Precisamente a andaina da UNED en terras ourensás iniciouse na comarca valdeorresa, na Rúa, no mesmo edificio que acolle estas xornadas. Ata que en 1991 creouse o Centro Asociado de UNED Ourense, do que depende a Aula Universitaria da Rúa.

As outras actividades comezarán a desenvolverse a partir do luns, 7 de febreiro. Os alumnos poderán coñecer a oferta das Forzas Armadas profesionais, por un responsable da Subdelegación de Defensa de Ourense; dúas profesoras da Uvigo contaranlles casos de egresados coñecidos polo seu éxito; haberá tamén algún representante da Facultade de Medicina de Santiago; o interiorismo e a publicidade así como os estudos científicos, a FP o voluntariado ou o traballo nas redes sociais serán outros temas de interese para os estudantes que poderán coñecer que estudan os economistas e tamén diversas profesións, neste caso con cidadáns da propia localidade ruesa. Todas estas actividades iranse sucedendo ata o 18 de febreiro.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es