Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED ofrece todas as conferencias d curso sobre Cultura do Viño e Gastronomía organizado desde o Campus Noroeste

14 de diciembre de 2020

A súa celebración tivo lugar durante o mes de novembro desde os centros de Segovia, Pontevedra, Ponferrada, Palencia, Zamora, Lugo e Ourense

OURENSE, 14 de decembro de 2020.- Aredor de catrocentas persoas seguiron o Curso en liña Cultura do Viño e Gastronomía organizado pola UNED desde o seu Campus Noroeste. As conferencias foron emitidas desde os centros asociados da UNED en Lugo, Ourense, Pontevedra, Ponferrada, Palencia, Segovia e Zamora. Estas persoas matriculadas residen en distintos puntos de España e do estranxeiro. Por segundo ano consecutivo comprobouse o éxito que conlevan iniciativas como esta. O ano pasado foi tamén moi exitoso o curso sobre os camiños de Santiago. O Campus Noroeste da UNED ten múltiples recursos para mostrar académicamente dada a riqueza natural, patrimonial e histórica do seu territorio: Asturias, Castela e León , Estremadura e Galicia. A continuación ofrecemos todas as conferencias que tiveron lugar no curso para disfrute do público, por orde cronolóxica.

Venres, 6 de novembro:

Presentación do curso no Centro Asociado de Segovia 

·         Dr. Víctor M. González Sánchez Director do Campus Noroeste da UNED 

Binomio e Armonía, Salud e Pracer (C. A. UNED Segovia) 

·         José María Ruiz Benito Empresario e restaurador. Premio "Alimentos de España a la Restauración 2019" 

  

martes, 10 de novembro: 

O Patrimonio e a Cultura do Viño nos Museos (C. A. UNED Pontevedra) 

·         María del Rocío Acha Barral Conservadora de Museos del Vino e directora do Mestrado de Museos do Instituto Iberoamericano de Museoloxía 

  

xoves, 12 de novembro: 

Visións que suman: Tecnoloxía e turismo sostible no mundo do viño   (C. A. UNED Ponferrada) 

·         Oscar Cela Cobo Enxeñeiro e emprendedor 

·         Olga Verde Vieitez Presidenta Bierzo Enoturismo 

  

venres, 13 de novembro: 

Cultura do viño e gastronomía (C. A. UNED Ourense) 

·         Jorge Vila Fundador e director de Galicia.wine 

   

martes, 17 de novembro: 

Enoturismo e desenvolvemento rural en Castela e León, o modelo de rutas do viño   (C. A. UNED Palencia) 

·         David Muriel Alonso Director da Escola Superior de Enoturismo de CyL 

venres, 20 de novembro: 

Reducción da pegada de carbono: Viños Ecolóxicos e Biodinámicos (C. A. UNED Lugo) 

·         Enrique Santiago Pérez Espino Enxeñeiro de Montes e Técnico Superior de Enoloxía 

venres, 27 de novembro: 

Tres produtos zamoranos de excelencia: viño, queixo e leitón. Clausura desde o C. A. UNED Zamora 

·         Manuel Fariña Bodegueiro das DO. Toro, tierra del Vino e Arribes 

·         Félix Vicente Pastor Queixeiro. D. Queso Zamorano 

·         José María Esbec Restaurador, propietario de restaurante

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es