Mapa web
Youtube
Campus UNED

Tres expertos da UNED falarán en Ourense sobre IA aplicada á Medicina, aos sistemas de evaluación e a entornos educativos e sociais

26 de noviembre de 2020

A Universidade Nacional de Educación a Distancia resposta así ao convite feito desde o Centro de IA ourensán con relatorios en liña os venres 27 de novembro, 4 e 11 de decembro 

OURENSE, 26 de novembro de 2020.-A Universidade Nacional de Educación a Distancia traerá a Ourense os seus tres primeiros relatorios sobre intelixencia artificial con outros tantos expertos neste campo, todos eles pertencentes á Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática desta universidade. Trátase da resposta da Universidade Nacional de Educación a Distancia á invitación formulada desde o Centro de Intelixencia Artificial de Ourense, para incluír estas e outros relatorios dentro do programa Os venres con Intelixencia Artificial. As tres conferencias serán sempre online e á mesma hora, é dicir, ás 12.00 horas. Así, este venres, día 27, intervirá o doutor Francisco Javier Díez Vegas, catedrático de Ciencias e Intelixencia Artificial da UNED. Falará de I.A. en Medicina. Presente, pasado e futuro. Díez Vegas imparte docencia sobre modelos probabilistas e análises de decisións, métodos probabilistas, análises de decisións en Medicina; análise de decisións para Enxeñería e Xestión e programa Modular de Ferramentas de Investigación e Xestión Sanitaria.

As súas áreas de investigación son: 

  • Intelixencia artificial
  • Sistemas expertos 

  • Modelos gráficos probabilistas 

  • Toma de decisións en medicina 

  • Análise de custo-efectividade 

  • Imprantes cocleares 
Este experto en IA ten un importante volume de libros da súa autoría propia e en colaboración; decenas de artigos, relatorios en congresos, tamén numerosas teses doutorais dirixidas e informes técnicos. A súa conferencia neste seminario poderase seguir por streaming nesta ligazón

Os outros relatorios achegados pola UNED terán lugar o día 4 e o 11 de decembro. Para o día 4 espérase a intervención do doutor Julio Gonzalo Arroyo, catedrático en Linguaxes e Sistemas Informáticos da UNED. O seu relatorio titúlase: Sesgo en sistemas de avaliación. E o día 11 poderá escoitarse a conferencia Ferramentas de IA en contornas educativas e sociais, a cargo do profesor investigador doutor  Antonio Rodríguez Anaya, tamén do Departamento de IA da UNED.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es