Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Convocatorias de Premios no Marco do Convenio de Colaboración UNED-Banco de Santander

22 de octubre de 2020

Nunha das súas modalidades dota de 10 premios ás Entidades colaboradoras que ofertan prácticas externas aos estudantes da UNED, financiada polo Banco Santander.

OURENSE, 22 de outubro de 2020.- A presente convocatoria ten por obxecto recoñecer o labor das entidades colaboradoras que contribuíron á formación práctica dos estudantes da UNED, mediante a realización de prácticas profesionais curriculares e  extracurriculares. En concreto, esta convocatoria ten como finalidade a concesión de 10 premios repartidos en 5 categorías a entidades colaboradoras que durante o curso 2019/2020 destacaron na xestión e desenvolvemento de prácticas profesionais para os estudantes da UNED nas seguintes categorías:

1.            Prácticas profesionais como vía de inserción laboral na entidade colaboradora. 2 premios.

2.            Modalidade virtual nas prácticas profesionais. 2 premios.

3.            Prácticas profesionais inclusivas. 2 premios.

4.            Prácticas profesionais integradas (curricular +  extracurricular). 2 premios.

5.            Adaptación das prácticas profesionais á situación xerada pola COVID-19. 2 premios

Se un premio recaese nunha Administración Pública, entidade do sector público ou organismo público, o premio terá carácter honorífico sen dotación económica e a contía do premio sería destinado a accións relacionadas coa  COVID 19.

Poderán ser solicitantes todas aquelas entidades colaboradoras que acollesen estudantes en prácticas profesionais tanto curriculares como  extracurriculares durante o curso 2019/2020. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación no BICI da UNED das Bases reguladoras desta convocatoria.

Ligazón á publicación no BICI:

https://www2.uned.es/bici/Curso2020-2021/201019/3-0sumario.htm 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es