Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Más de medio milleiro de opcións para axustar a túa formación ao teu futuro laboral 

25 de septiembre de 2020

A UNED mantén aberto o prazo de matrícula en Formación Permanente ata o 30 de novembro. Son 526 cursos pensados para que toda persoa disposta a obter un título universitario atope o seu camiño

OURENSE, 25 de setembro de 2020.- Os cursos están deseñados para manter al aprendizaxe ao longo da vida e para actualizar os coñecementos e capacitación das persoas, están agrupados en dous grandes bloques, dependendo da formación previa, universitaria ou non universitaria: Posgrao, con 342 programas, dos que 110 son modulares, ou sexa, cursando maior ou menor número de créditos se obteñen óns; e Desenvolvemento Profesional e Persoal, con 184 programas, dos cuais 125 son de Ensino Aberto, sen requisito algún de formación previa e que acostuman a respostar a demandas concretas de sectores económicos e industriais. Tamén o prazo de matrícula ordinaria, ata o 30 de novembro, existe un periodo extraordinario para algúns cursos, ata o 15 de xaneiro de 2021.

Todos os títulos de Formación Permanente

Ata o 30 de novembro está aberto o prazo ordinario de matrícula nos títulos propios de Formación Permanente da UNED. Hai un prazo extraordinario, ata o 15 de xaneiro de 2021, especialmente destiñado a aqueles programas de gran difusión na América Latina, para axustarse ao su calendario lectivo, diferente ao europeo. Todos estes cursos se desenvolven con metodoloxía a distancia, en liña ou de forma semipresenzal. A matrícula sempre é online.

Entre as 342 opciones de Posgrao, ás que se acede cun título de Grao ou das antiguas licenciatura. Pódese elexir entre 31 títulos de Mestrado, 15 de Especialización, 96 de Experto Universitario e 90 de Formación do Profesorado, dirixidos estes a mestres e profesores. Tamén se elaboraron 110 itinerarios Modulares que, segundo a cantidade de créditos que se vaian cursando, permite aos estudantes obter ún dos títulos anteriores, tendo en conta que os créditos europeos (ECTS) na UNED están estimados en vintecinco horas de dedicación do estudante á materia estudada.

Por exemplo, o programa de Administración de Entidades Locais e PYMES permite obter ata 6 títulos diferentes, segundos os créditos que se cursen: o Certificado de Ensino Aberto en Administración da PYME: Dirección e Xestión, 12 créditos; o Diploma de Experto Universitario en Corporacións locais e PYME familiar, con 15 créditos; o Diploma de Experto Universitario en Dirección e Xestión da Pyme, 15 créditos; o Diploma de Experto Universitario en Modelos de negocios para a PYME, 15 créditos, o Diploma de Especialización en Fiscalidade, tributos locais para a PYME, 30 créditos e o Mestrado en Administración de Entidades Locais e PYMES, 60 créditos. Cada estudante pode decidir completar un dos títulos ou ir engadindoos ata chegar ao nivel de acreditación óptimo da súa formación na súa formación universitaria.

A universidade “á carta”

Os 184 títulos propios de Desenvolvemento Profesional e Persoal dan acceso ao diploma de Experto Profesional –59- e Certificado de Ensino Aberton -125- sen esixir como requisito de acceso titulación universitaria previa. De feito, moitas das opcións de Ensino Aberto son produto de demanda de empresas ou sectores económicos que detectan unha necesidade de formación especial para os seus traballadores, para os que a UNED elabora un programa de formación específico. En ámbolos dous riquírese completar 15 créditos.

Existe un Certificado de Actualización Profesional, tamén sen requisitos de acceso, dirixido a públicos adscritos ´s formación profesional e ao mundo empresarial que se consigue cun mínimo de 3 créditos e un máximo de 14 créditos. Habilítanse baixo demanda de empresas, institucións ou colectivos profesionais.

Os programas se distribúen en todalas áreas de coñecemento: Ciencias Xurídicas e Administración Pública, 54 cursos; Ciencias Sociais, Relación Laborais e Cooperación, 40; Ciencias, Enxeñería e Arquitectura, 84; Economía e Xestión Empresarial, 79; Educación, 69; Humanidades e Artes, 47; Informática, 40; Linguas, 20; Psicoloxía, 36; Saúde, 46; e Seguridade e Defensa, 11 cursos. Habilitáronse axudas ao estudo que bonifican ata o 40% do prezo da matrícula.

Canal UNED: Tutorial Formación Permanente: que somos e como buscarnos

Prácticas e perfís 

Os estudantes de aqueles programas que inclúen prácticas poderán facelas nalgunhas das maiores e máis importantes empresas de todo o país e de cada comunidade autónoma. Por outra banda a UNED mantén  convenios de formación permanente con reputadas institucións como o Instituto de salud Carlos III, a Axencia EFE, ADIF/ Fundación Ferrocarriles ou El Corte Inglés, entre outros.

O curso pasado seguiron estudos de Formación Permanente 13676 estudantes. Deles, 3866 obtuveron o seu certificado de Ensino Aberto; 1657 de Formación do Profesorado; 223 diploma de Especialización; 858 de Experto Profesional; 1983 de Experto Universitario; 735 de Mestrado e 4.354 eguiron un itinerario Modular. O 58 % eran mulleres e o 42 % homes. A maioría, o 49 %, estaban entre os 26 e os 40 anos; o 41 % entre 41 e 55 anos; e só o 9 % tiñan menos de 25 anos ou máis de 55.

A UNED é a maior universidade de España cos seus 200.000 matrículas de media nos últimos anos e co maior campus de Europa, con 61 sedes distribuidas por toda a península e as illas e 15 sedes internacionais ubicadas en catro dos 5 continentes. Ten abeertos os prazos de Admisión e Matrícula para os títulos de Grao, Posgrao e Acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos coa súa metodoloxía combinada de formación online e semipresenzal.

Toda a información sobre Formación Permanente da UNED

Aida Fernández

Comunicación UNED

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es