Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Xunta Reitora do Consorcio de UNED Ourense agradece o traballo feito desde o Centro universitario e a súa Aula da Rúa en tempos de incerteza

28 de julio de 2020

As institucións, a iniciativa do  e de modo vicerreitor de Centros Asociados, Jesús de Andrés, felicitaron ao director, Jesús Manuel García, subliñando, tamén, a “comunicación magnífica” que impulsou desde Ourense

OURENSE, 28 de xullo de 2020.- As institucións que integran a Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Ourense e a súa Aula Universitaria da Rúa _Deputación, Universidade de Educación a Distancia, Concello de Ourense, Xunta e Concello da Rúa_ agradeceron o labor realizado tanto polo persoal administrativo do Centro como por parte dos profesores titores e estudantes, felicitando de maneira especial ao equipo directivo pola coordinación de todo o traballo nuns meses de especial incerteza pola pandemia do Coronavirus. O vicerreitor de Centros Asociados, Jesús de Andrés, mostrou o agradecemento da Universidade “ao PAS e profesores titores e por suposto, ao equipo directivo. Hai que felicitar a UNED Ourense polo labor magnífico de comunicación na persoa do seu director, Jesús Manuel García”. A este agradecemento sumáronse as demais institucións representadas na Xunta Reitora celebrada na tarde de onte, luns, recoñecendo o traballo do actual equipo de dirección, formado por García e pola secretaria, María Concepción Álvarez.

Todo o aparello de organización dos exames de xuño fixo que desde esta Dirección non quedara ningún estudante sen posibilidades de presentarse ás probas, pois houbo que organizar de maneira extraordinaria a presenza dunha decena de estudantes que fixeron os seus exames na plataforma Avex desde o propio Centro ao demostrar que non tiñan medios tecnolóxicos nos seus domicilios. O teletraballo permitiu emitir todas as titorías por parte dos profesores titores. Como sinalou o director, “todos aprendemos moito nesta situación anómala que nos colleu por sorpresa. Foi unha boa lección”. Ademais agradeceu o traballo tanto dos estudantes, como dos profesores titores e o do persoal de Administración e Servizos do Centro Asociado. 

Nesta sesión da Xunta Reitora aprobouse un orzamento para o ano 2021 por un montante de 900.000 euros. Aprobado quedou igualmente o avance da Planificación académica do curso 2020-2021; tamén se lle deu luz verde á Conta xeral do exercicio económico de 2019. Deuse conta nesta sesión do informa IRCIA enviado pola Intervención Xeral do Estado (IGAE), con auditoría positiva, un ano máis, das contas do Centro Asociado.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es