A universidade desenvolveu en Ourense un ciclo de conferencias novidosas que sorprenderon ao público, tanto na sala como en internet. O xeito de traballar dos paleontólogos despertou o interese de quen seguiu cada detalle nas tres tardes de sesións para todos os cidadáns.

A UNED desenvolveu en Ourense unha intensa semana de divulgación da Paleontoloxía entre os escolares. Durante dous mañás (mércores e xoves) varias decenas de estudantes beneficiáronse de varias charlas e un xogo relacionado con esta ciencia. Precisamente o xogo levantou os ánimos dos mozos, divididos en dous grupos, preparados para contestar e probar sorte, e o certo é que non o fixeron mal, tendo en conta, tamén, o nivel das preguntas.

A UNED trae a Ourense un programa divulgativo de achegamento á Paleontoloxía que será desenvolvido en catro centros educativos. A acción científica terá lugar na mañá dos días 3 e 4 de decembro para estudantes de ESO e Bacharelato.

O ciclo de conferencias do Campus Noroeste da UNED contou desde Ourense coa participación do director industrial do grupo louseiro para mostrar a súa evolución constante en innnovación e aplicación da IA en todos os seus departamentos. "Somos un sector pequeno, tradicional con procesos produtivos complexos. Innovar vai no noso ADN, temos cultura innovadora".

A Asociación Mirada Mulleres +60 organizou unha visita interpretativa á catedral da cidade en compañía do director de UNED Ourense.

UNED Ourense aporta unha ponencia sobre a aplicación da IA en procesos industriais no sector pizarreiro, que impartirá o director industrial de CUPA Pizarras, o xoves, 20 de novembro, ás 19:00 horas.

Este curso práctico desenvolverase desde o 6 de novembro de 2025 ata o 6 de febreiro de 2026. Consta de 25 prazas e capacitarate para mediar en conflictos familiares, axudando ás partes a acadar acordos xustos, equitativos e duradeiros, previndo posibles disputas xudiciais.

O 14 e o 15 de novembro impartirase na Aula de A Rúa un programa docente que permitirá coñecer o servizo da IA tanto no eido educativo como laboral, e na nosa vida coti.

No presente curso rexistráronse 260 matrículas de estudantes que seguen as clases non oficiais nas tardes dos luns e xoves.

A UNED, a Uvigo, a Comisaría Provincial da Policía Nacional e o Concello de Ourense celebrarán unha xornada, na mañá do día 15, sobre violencias sexuais, tecnoloxías, desafíos das drogas e servizos sociais.

A UNED organiza en A Rúa un curso que ensinará aos participantes a distinguir sabores e aromas. Celebrarase do 24 de outubro ao 8 de novembro.

A UNED estivo presente no encontro de investigadores Memoria Histórica , organizado pola UIMP e a Fundación Luis Tilve en Santiago, como ferramenta de formación a docentes e público en xeral no coñecemento básico da nosa historia contemporánea desde o rigor e o estudo metodolóxico.
Desde mañá ata o 28 de decembro, máis de medio cento de asistentes prepararán a fondo dúas obras para ofrecelas en concerto o último día.

O reitor da UNED presidiu en Málaga a reunión nacional anual de Directores de Centros Asociados e o Equipo de Gobierno, para tratar dos asuntos estratéxicos da universidade cara o inicio do novo curso académico.

Trátase do proxecto Reto Rural Dixital, cuxa primeira convocatoria de formacións comenzará o 22 deste mes. Está subvencionado pola UE e cada estudante pode inscribirse nun máximo de dous cursos.

O catedrático García Ybarra expón que os residuos plásticos con axentes retardantes sometéronse a unha combustión incompleta, con altas temperaturas e escaso osíxeno. Por isto "sufriron transformacións químicas que poideron cambiar a súa natureza de residuos non dañinos, transformándoos en materiais tóxicos e perigosos".

O cineasta de Petín foi homenaxeado polo Instituto de Estudios Valdeorreses, e presentado polo director de UNED Ourense, quen salientou a obra de Vilar e a importancia da cultura, con motivo tamén da ldoazón de máis de mil libros e catrocentos documentos audiovisuais é biblioteca do IEV, en O Barco.
A situación volve reflectir un Consorcio saneado, que repercute no bo funcionamento do Centro universitario

Do 14 ao 31 de xullo ábrese o prazo de preinscrición para o novo (MGCC), unha aposta estratéxica da UNED para formar aos profesionais que demanda a transición ecolóxica.

As bandas Chikiband 2.0 e Agrupación Musical de A Limia puxeron a nota musical no acto de celebración no Teatro Principal. José Luis Tielas agradeceu á UNED que "temos os cursos de extensión universitaria de dirección de banda" e permítelles acreditar esa formación, coas posibilidades que elo ofrece a tantos mozos.

A súa presidenta interesouse pola acción que desenvolve UNED-Sénior en Ourense, sendo invitada polo director, para que as socias se matriculen no próximo curso. Coñecerenon que esta oportunidade enriquecerá a vida intelectual e social de quen nela participan.

Varios investigadores da UNED e de outras universidades publican unha obra que leva ao lector por varios instantes históricos a reflexionar sobre a centralidade do poder no tempo e no espazo no momento actual.

Estudantes de UNED Senior Ourense gozaron de dúas xornadas visitando varios monumentos senlleiros do Principado de Asturias.

A primeira semana rexistrou 596 probas e a segunda, 859. Esto significa que, no que vai de curso académico e á espera dos resultados de setembro, xa se formalizaron no centro universitario ourensán perto de tres mil exames presenciais.

O 11 de xuño poderá seguirse presencialmente ou en liña o programa de presentación de varios proxectos, organizado pola Facultade de Filoloxía da UNED. A participación será de balde.

O doutor José Rúas espuxo na UNED Senior de Ourense unha conferencia con propostas para crear un ecosistema mediático contra varias modalidades de misinformación e desinformación.

O xurado, no que estiveron a UNED, a Uvigo, Defensa e o Concello de Ourense, reuniuse na mañá deste martes para deliberar entre os finalistas. O premio entregarase o 5 de xuño coincidindo cos actos do Día da Subdelegación de Defensa.

Que ocorreu en Alxeria durante as primaveras árabes? Por que o país non se sumou ao levantamento cidadán que sacudiu Tunes ou Libia? Como xurdiu e evolucionou o Hirak, que en 2019 logrou derrubar ao presidente Abdelasis Buteflika? Cal é a natureza do réxime político alxerino e cal foi a resposta do poder cara a mobilización popular? Estas son algunhas das preguntas ás que o doutor David Alvarado tentou dar resposta na sesión do curso de extensión universitaria sobre Xeopolítica das primaveras árabes norteafricanas, que imparte UNED Ourense e explora a través dunha mirada rigorosa e multidisciplinar as dinámicas de contestación, resistencia e cambio político no Magreb.

A Universidade recibiu a Fernando Reinoso e a José Manuel Naredo como novos doutores honoris causa nunha ceremonia académica na que foi reivindicado o coñecemento rigoroso e a entronización do diálogo como forma do pensamiento crítico "que nos fai libres de todo dogma, imposición e automatización", como sinalou o reitor, Ricardo Mairal.

O director de UNED Ourense visitou os institutos de Maceda, Trives e Verín para achegar aos seus estudantes de segundo de Bachalerato a oferta da nosa universidade, cos 30 graos sen nota de corte.

A UNED celebrou o II Día do Doutoramento, acollendo a 186 novos doutores, que deben representar a excelencia académica, ética e a xustiza social. O reitor sinalou que a universidade debe continuar garantindo e promovendo o coñecemento científico por ser esencial.

Garrido Ledo, restaurador, acaba de obter na UNED o Diploma de Experto profesional en Tecnoloxías Avanzadas para a xestión e documentación do patrimonio cultural. Asegura que houbo que dedicarlle tempo e como resultado, abriulle a mente, polo que se declara encantado coa metodoloxía empregada.

O evento foi inaugurado esta mañá polo presidente da Deputación e a directora xeral de Educación. Centos de rapaces acheráronse á caseta da nosa universidade para obter información dos graos e, de paso, coller un libro de balde.

O relator da cuarta sesión do ciclo de UNED Zamora e UNED Ourense sobre a Vía da Prata, advirte desde Monterrei que eses itinerarios constitúen un perigo para esta ruta que pasa por ambas as dúas provincias, pois "non nos enganemos, é un camiño débil". O alcalde agradeceu o acto da UNED e salientou os recursos turísticos do seu municipio cargado de historia.

O curso, no que participarán varios especialistas da UNED e da Uvigo, desenvolverase no Multiusos Manuel Chamoso Lamas os días 28 e 29 de marzo. Aínda quedan prazas.

Durante os días 28 e 29 de marzo desenvolverase esta formación. As sesións terán lugar na aula de Extensión Universitaria de UNED Ourense, incluíndo unha saída de campo.

Deron comenzo no Arquivo Histórico Provincial (AHPOU) o I Curso Avanzado e o III Curso de Iniciación a esta disciplina, que reúnen a 81 persoas de 13 comunidades españolas e de catro países. UNED Ourense e o AHPOU apostan por consolidar a cita anual coa Paleografía, que xa vai polo sea Terceiro ano, con éxito.

Do 10 ao 14 de marzo desenvolveranse no Arquivo Histórico Provincial o I Curso avanzado de paleografía medieval , en horario matinal, e a terceira edición do Curso de iniciación a esta disciplina, pola tarde. Constan ambos de 15 horas lectivas e 0,5 créditos ECTS. A UNED quere potenciar a nivel nacional, con esta doble iniciativa, os recursos documentais de gran importancia que se gardan en Ourense.

Os centros universitarios da UNED en Zamora e en Ourense presentan a segunda edición do ciclo sobre a Vía da Prata, que este ano terá actos en Alcañices, Bragança, Vinhais, Monterrei, Xinzo e Ourense, do 6 de marzo ao 9 de abril. A participación é de balde, tanto presencial como en liña, o que permitirá seguir todas as sesións cómodamente.

UNED Ourense, na súa Aula de Extensión de A Rúa, impartirá o 7 de marzo en horario de tarde, un curso de extensión universitaria sobre emprendemento nos sectores gandeiro, forestal, silvícola e apícola
Dentro da celebración do Día Internacional da Nena e a Ciencia, UNED Ourense ofrece unha charla interactiva sobre retos matemáticos e inventos na historia, para o público en xeral. Será o día 13 no salón do Marcos Valcárcel, ás 19:00 horas, con duas expertas divulgadoras na materia. As mañás do 13 e do 14 completaranse con visitas didácticas a centros educativos.

O director realizará un novo periplo polos IES e colexios que teñen Bachalerato, para falar da UNED á mocidade do segundo curso. Este percorrido comezará o día 28 de xaneiro na vila de O Barco.

En UNED Ourense ofrecemosche algunhas claves para que afrontes esta convocatoria coa máxima seguridade e confianza, evitando contratempos de última hora que perturben a túa tu concentración.

UNED Ourense desenvolveu varios obradoiros de Xeoloxía en catro centros educativos da cidade e Pereiro nos que se recrearon catro situacións distintas de anegacións, segundo o terreo, doutros tantos leitos fluviais. Foi unha experiencia motivadora e sementadora de vocacións científicas. Os estudantes tiveron que experimentar, recoller datos e interpretalos mesmo gráficamente para entender por que se producen as inundacións e como previlas.

A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo entregou en Trasalba os premios da III edición do seu Concurso de Oratoria en Podcast para estudantes, obtendo o primeiro galardón dúas alumnas do colexio Salesianos de Ourense. Na súa directiva están representadas as catro universidades públicas, entre elas a UNED, que desenvolven a súa actividade en Galicia.

O filósofo e dramaturgo foi acollido como doctor Honoris Causa nunha cerimonia na que sinalou que en tempos nos que tanto o coñecemento como a crítica sofren ameazas, "esta universidade é incluso máis importante que cando naceu". O reitor ensalzou a Mayorga como "ún dos nosos dramaturgos referentes no ámbito español e latinoamericano" , engadindo que o homenaxeado "interpélanos cara o compromiso social e a non deixar a nosa tarea en mans dunha creenza: a creenza y a no dejar nuestra tarea en manos de una crenza: a crenza no progreso como involución".

Do 2 al 4 de decembro, cinco científicos exporán no Marcos Valcárcel que se sabía dos dinosaurios en España antes do 1936, o papel da muller en Paleontoloxía e o emprego de novas tecnoloxías para reconstruir seres do pasado remoto, todo elo desde o Grupo de Bioloxía Evolutiva da UNED. A entrada ás conferencias, todas ás 20.00 h, será de balde.

Un dos obxectivos desta formación é mellorar a empregabilidade neste sector agrícola da nosa provincia. Terá lugar na sede de UNED Ourense do 26 de xaneiro ata o 27 de marzo de 2026.

Marval combina a escritura cos seus estudos na UNED, e tanto el como a súa esposa, aseguran que grazas a estudar na UNED "sentimos en casa un antes e un despois na nosa vida e temos crecido, madurado moito como familia".

O centro universitario inaugurou o novo ano académico cun acto no que as institucións que forman o Consorcio reiteraron o seu compromiso firme coa UNED. O Vicerreitor de Centros Asociados felicitou aos estudantes e ás súas familias. E agradeceu á Deputación Provincial, ao Concello de Ourense, á Xunta y ao Concello de A Rúa o seu apoio: "Grazas a ese esforzo, á vontade política".

Bañares, investigadora do IUGM-UNED , foi unha das sete relatoras que participaron na X ornada de Responsabilidade Social organizada pola UNED, a Uvigo, a Comisaría de Policía Nacional e o Concello de Ourense para analizar os campos das drogas, a ciberviolencia e os servizos sociais xunto a situacións de vulnerabilidade. Os organizadores prevén unha segunda edición.

Do 13 de outubro ao 26 de novembro poderemos coñecer numerosos detalles da cultura de Corea do Sur. As sesións serán todas en liña, tanto en directo como en diferido, nas tardes de luns e mércores.

O reitor salientou, na inauguración do curso académico, o valor da educación como "inversión segura, como porta de acceso a unha participación social e política informada e reflexiva –conscente ao fin y ao cabo–: sobre esta visión da educación aséntase a UNED". A ministra de Universidades mencionou o apoio adicional de 30 millóns de euros que recibiu a UNED, anunciando un plan de financiamento plurianual que duplicará o orzamento da universidade ata os 186 millóns no 2029. Esta universidade tivo no curso pasado 150.000 estudantes, e nela realizáronse máis de medio millón de exames.

Ás 11:00 horas comezará a sesión no salón de actos para os novos estudantes, que recibirán consellos e información para afrontar os seus estudos na UNED.

A alcaldesa remitiu unha carta oficial na que o goberno local recoñece o asesoramento que está realizando o catedrático García Ybarra, da Facultade de Ciencias da UNED, no caso do depósito de téxtiles que ardeu o pasado verán nas Pedreiras.

Este profesional do xornalismo impartirá un completo obradoiro de oratoria do 1 ao 29 de outubro en UNED Ourense, para cantas persoas desexen mellorar o seu modo de dirixirse oralmente ao público. Saber falar ben, empatizar co auditorio e evitar dar unha imaxe débil ou negativa por parte do orador.

UNED Ourense ofrece un obradoiro con sesións de tarde e presenciais, do 1 ao 23 de outubro, da man do xornalista Juan Maceiras Formosel. Está dirixido a todas as persoas que desexen comunicarse correctamente valéndose de técnicas para traballar a voz, a entonación, a comunicación non verbal ou como falar en público.

Os estudantes terán as probas presenciais nas semanas do 2 ao 8 de setembro. Ofrecémosche varios consellos para afrontar eses exames da mellor maneira.

Dispón de 25 prazas que se adxudicarán por orde de iscrición. O desenvolvemento do programa irá desde decembro de 2025 a decembro de 2026.

O programa arrancará en Zamora e a súa clausura será en Ourense. Haberá seis ponencias, catro delas noutras tantas localidades do rural destas provincias. Os directores de UNED Zamora e UNED Ourense están decididos a consolidar esta proposta cultural.

O ano académico que acaba deixa accións culturais desenvolvidas en Ourense, Allariz, Boborás, Monterrei, Ribadavia, A Rúa e Xinzo. Estes matriculados, sumados aos estudantes de Grao, Mestrado e Doutoramento deixan un total de case 3.200 estudantes matriculados no centro universitario da UNED na nosa cidade.

Un equipo multidisciplinar liderado polo Departamento de Xeología da Universidade de Salamanca (USAL) e polo Grupo de Bioloxía Evolutiva da UNED localizaron na provincia de Zamora un achádego excepcional: o esquelete postcraneal máis completo de Iberosuchus descoberto ata a data en Europa, un cocodrilo terrestre que habitou a península ibérica fai máis de 40 millóns de anos.

O avogado fiscal Sergio Luis Gutiérrez expuxo os tipos penais na falsidade de documentos, pechando así o curso que sobre este tema desenvolveuse en UNED Ourense.

O criminólogo Luis Alamancos explicou en UNED Ourense os segredos para analizar textos segundo sexan os diversos tipos de falsificacións.

Comezou en UNED Ourense o curso de Documentoscopia e falsidade documental, que está sendo impartido por Luis Alamancos Pampín na sede do centro universitario ourensán.

O director de UNED Ourense publica un artigo que recolle dun xeito académico e a nivel internacional tres experiencias de comunicación e interpretación de bens culturais na cidade na cidade e provincia, desenvolvidas desde o ano 2004 ata o 2018.

Ata o 5 de xuño podes apuntarte na Escola Internacional de Doutoramento da nosa universidade para investigar e acadar o título académico de maior grao que se pode ter en España. O ano pasado defendéronse perto de 500 teses.

O profesor David Alvarado analizou como, desde as primaveras árabes, a UE mostrouse tímida, contraditoria e moitas veces desfasada con respecto ás expectativas de cambio democrático que xurdiron en Tunes, Marrocos ou Libia. A sesión repasou os piares fundamentais do partenariado euro-magrebí, detallándose os grandes desafíos da relación e anticipando liñas estratéxicas para renovar e equilibrar unha relación crave para a estabilidade rexional. UNED Ourense reafirma o seu compromiso coa reflexión crítica sobre os procesos xeopolíticos contemporáneos, ofrecendo unha visión académica rigorosa e actualizada sobre un dos vínculos máis importantes, e á vez máis fráxiles, da contorna internacional europeo.

O director de UNED Ourense dirixiuse aos estudantes dos institutos de Allariz e ó Lagoa de Antela , en Xinzo, para falarlles da UNED e dos retos de ser universitarios.

A acción se englóbase no compromiso firme do centro universitario ourensán co medio ambiente.

O avogado e o economista, respectivamente, recibirán a máxima distinción académica este martes, día 6 de maio, ás 11:00 h no Salón de Actos Emilio Lledó do Edificio de Humanidades de Madrid. A ceremonia poderá seguirse en directo a través de Canal UNED

O profesor David Alvarado explicou as causas e impacto das primaveras árabes, matizando que é Magreb e Norte de África e que se entende por mundos árabes. O curso de UNED Ourense extenderase ata o 13 de maio, con 55 matriculados de España, Países Baixos e Colombia.

A profesora Yolanda Barriocanal salientou que esta vía "representa un valioso recurso para contribuir ao despegue económico, social e incluso medio ambiental das comunidades locais polas que atravesa". As instituciones apoiaron a iniciativa dos centros da UNED en Zamora e Ourense, e destacaron a súa coordinación, que debería haber tamén entre as comunidades autónomas polas que pasa o Camiño, como expresou o director da SA Xacobeo de Galicia.

Ao acto de clausura do II Ciclo de ponencias, organizado polos centros da UNED en Zamora e en Ourense, asistirá, entre outras autoridades, o director xeral de Turismo de Galicia. Será o día 9 de abril, mércores, ás 19:00 horas, no centro cultural Marcos Valcárcel. Este ciclo está sendo seguido por ciudadáns de oito países de Europa e América.

Ildefonso de la Campa participará o mércores, 2 de abril, desde a Casa da Cultura de Xinzo de Limia, na quinta conferencia do ciclo organizado por UNED Zamora e UNED Ourense.

O ciclo de conferencias da UNED sobre este roteiro de peregrinación chega a terras ourensás procedente de Alcañices, Bragança e Vinhais. Así, o 26, ás 19:00 horas, a nova intervención será no parador de turismo de Monterrei. A entrada é libre ata completar aforo.

Son os alumnos que fixeron o II Curso de Seguridade Viaria, e neste acto o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, deu por inaugurada a actividade da aula UNED. O director do centro penal, Francisco González, mostrou o seu interese en seguir ofrecendo formación da universidade pública máis grande de España.

O profesor Nicolás Sesma explicou nas xornadas organizadas pola UNED e a Uvigo, o proceso de adaptación de personalidades franquistas aos novos tempos abandeirando problemas locais e rexionais que criticaban, aínda que sen atacar a integridade do Movemento. As sesións foron seguidas por máis de 300 matriculados.

O investigador abriu o ciclo que sobre a Vía da Prata inaugurou a UNED en Alcañices (Zamora). O presidente da Cámara Municipal de Bragança dixo que os arraianos teñen un modo diferente de recibir aos peregrinos e o diputado de Relacións Institucionais de Ourense recordou os 10.000 peregrinos do 2024 nesta ruta que pasa por terras zamoranas e ourensás, con camiños que confluyen desde Portugal.

O director de UNED Ourense iniciou a súa rolda cos estudantes de Bachalerato en catro institutos de O Barco e Ourense. Animounos a vivir a universidade e a gozar "co Coñecemento, deixando atrás canto supoña negacionismo ou falsidade".

UNED Ourense ofrece esta iniciativa exclusivamente en liña para as tardes dos días 24, 25, 26 e 27 de febreiro. Serán 20 horas lectivas a cargo da docente Anna Alonso Pardo, experta en marketing e comunicación.

Psicoloxía, Dereito e Educación son as áreas con máis probas feitas durante e última semana de xaneiro e a segunda de febreiro. Os estudantes tiveron un bo comportamento e, para contrastar co rigor do acto de examinarse, remataban cada sesión adozando a xornada con caramelos, unha vez entregado o seu exame.

A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo, coa que colabora UNED Ourense, xunto coa Secretaría Xeral de Lingua e a cooperativa agroalimentaria Coren, ven de convocar o III premio de oratoria en formato podcast “Ramón Otero Pedrayo”, dirixido ao alumnado galego que teña entre 15 e 25 anos.

Un libro dirixido e coordinado desde a UNED aborda a aparición en escena da personalidade robótica e as súas consecuencias. Persoa e persoalidade robótica en Dereito Privado. Ética, Xustiza, Proceso , inicia unha triloxía de obras en torno a esa nova figura artificial.

Do 10 ao 13 de febreiro, UNED Ourense ofrece esta iniciativa gratuita dotada de cen prazas e 1 crédito ECTS. Expertos profesionais da seguridade en estradas intervirán para achegar os aspectos máis importantes da lexislación de tráfico e a seguridade.

UNED Ourense ofrece aos escolares un obradoiro de divulgación científica no que poderán recrear no laboratorio inundacións para entender a súa orixe, os factores que condicionan a súa magnitude e como mitigalas.

O director industrial do citado grupo empresarial disertará este xoves, 20, ás 19:00 h desde o salón de actos de UNED Ourense sobre casos prácticos de aplicación desta tecnoloxía na elaboración de lousa natural.

UNED Ourense examina como as estratexias de coerción económica, militar e informacional están reconfigurando o sistema internacional. Desde a caída do Muro de Berlín ata as actuais tensións entre grandes potencias, pasando polo ascenso do iliberalismo e a erosión das institucións multilaterais que estruturaron o mundo durante décadas.

Los directores de los dos centros universitarios mantuvieron una reunión para explorar vías que permitan organizar acciones formativas que beneficien a lucenses y a ourensanos.

UNED Ourense ofrece, do 4 de novembro ao 4 de decembro esta iniciativa a cargo do docente David Alvarado. Coñeceremos como a intimidación xeopolítica é empregada sistemáticamente por actores estatais e non estatais, mentras que o iliberalismo avanza como modelo político alternativo erosionando as democracias desde dentro.

O próximo mércores, día 22, ás 19:00 horas, dará comezo o solemne acto académico de apertura do Curso 2025-2026 en UNED Ourense. Será no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Presidirá o vicerreitor de Centros Asociados da UNED, doutor Jesús de Andrés Sanz . A entrada será libre ata completar o foro.

Dotado con 1.000 euros, poderá presentarse en calquera das linguas que se imparten nesta Facultade, con mínimo de 300 versos e un máximo de 1.000.

Do 1 de decembro de 2025 ao 30 de xuño de 2026 a UNED, desde a súa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais , desenvolverá esta iniciativa en liña. A matriculación está aberta ata o 28 de novembro de 2025.

Na mañá de hoxe celebramos a nosa Xornada de Portas Abertas para recibir a un nutrido grupo de novos alumnos e explicarlles o sistema de traballo na UNED. A sesión incluiu un percorrido guiado por todas as estancias do centro universitario ourensán.

O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, e o Profesor Titor Julio Prada, disertarán na primeira das dúas xornadas, o venres 26 de setembro, organizadas pola Fundación Luis Tilve e a UIMP en Santiago de Compostela.

Do 3 ao 21 de outubro, e somentes de maneira presencial, abordaranse temas das ciencias e técnicas forenses co especialista Luis Alamancos e o axente da Policía Nacional, Óscar Pizorno.

Málaga acolle o encontro directivo con todo o equipo reitoral da universidade cuxa finalidade é ultimar a posta a punto do novo curso académico 2025-2026.

Con esta cita extraordinaria péchase o curso académico 2024-2025, en cuxas tres convocatorias (febreiro, xuño e setembro), fixéronse máis de 3.700 probas presenciais. Continúa aberto o prazo de matrícula para o novo curso, ata o 22 de outubro.

A Dirección e todo o persoal desexanvos un feliz verán. A actividade voltará o 1 de setembro e os exames comezarán o martes, 2 ata o luns día 8.

Está aberto o prazo de matrícula dos exames Trinity College London, titulación oficial que certifica os niveis B!, B2 e C1. Este prazo exténdese ata o 11 de setembro e as probas terán lugar en novembro.

A UNED abre hoxe, 3 de xullo, o prazo de matrícula para o curso académico 2025/2026, que permanecerá aberto ata o 22 de outubro de 2025. A convocatoria abrangue estudos de Grao, Dobles Graos, Graos Combinados, Micrograos, Mestrados Oficiais e Cursos de Acceso á Universidad para maiores de 25 e 45 anos.
Co gallo da clausura de curso e da celebración dunha década de formación para maiores de 55 anos, a música será protagonista o día 2 de xullo, ás 19:00h. Entrada libre ata esgotar butacas.

O profesor e criminólogo Luis Alamancos deu pautas para dar coa impresora ou coa fotocopiadora desde as que se imprimiu un texto ou imaxe ilegal. También ensinoulles a detectar billetes de curso ilegal.

O curso sobre documentoscopia que se celebra en UNED Ourense tratou da análise das rúbricas para detectar falsidades. Luis Alamancos mostrou técnicas para detectar cando unha sinatura non se corresponde coa auténtica.

A UNED ofrecerá no novo curso académico Ciencias Políticas e Socioloxía e Dereito e Traballo Social, dúas novas titulacións que combinan formación rigorosa e enfoque práctico para encarar os retos do século XXI. Ambas poderán cursarse íntegramente na modalidade en liña e semipresencial que caracteriza á UNED e pensando nun estudantado diverso, con diferentes ritmos de dedicación académica. A matrícula estará aberta do 3 de xullo ao 22 de outubro, sen nota de corte.

O curso “Xeopolítica das primaveras árabes norteafricanas”, impartido en UNED Ourense, abordou a complexa situación política, social e humanitaria en Libia. David Alvarado, analizou como a caída de Muamar ao-Gadafi en 2011 non conduciu a unha transición democrática, senón a unha profunda crise institucional que converteu a Libia nun Estado errado. Con rigor académico e visión xornalística, Alvarado repasou os fundamentos do réxime gadafista, as súas particularidades ideolóxicas e estruturais, así como as dinámicas internas e externas que levaron á guerra civil e ao colapso estatal. Ademais, explorou as posibles perspectivas futuras para Libia, desde a continuidade do statu quo ata acordos políticos negociados ou mesmo un colapso total.

Do 12 ao 20 de xuño desenvolverase un curso de Documentoscopia que analiza escritos de relevancia legal para ver se son verdadeiros ou non, e incluso para descobrir a identidade dos seus autores.

A Facultade de Dereito convoca o XXIV Premio Xurídico á Excelencia Académica e Profesional “García Goyena” (Curso 2024-2025). Froito da colaboración entre a Facultade, os seus Departamentos e os Centros Asociados, a iniciativa tivo gran difusión e contribúe a incrementar o prestixio da institución á cal todos nos honramos en representar. Un dos obxectivos do premio é estimular o labor investigador de cuantos forman esta gran Comunidade Universitaria, e en particular dos Profesores Titores, cuxa participación se incentiva especialmente. O prazo de entrega de orixinais terminará o 20 de setembro.

Os estudantes de UNED Ourense terán as probas presenciais nas semanas do 19 ao 23 de maio e do 2 ao 6 de xuño. Ofrecémosche varios consellos para abordar eses exames da mellor maneira.

No marco do curso de extensión universitaria Xeopolítica das primaveras árabes norteafricanas , impartido polo doutor David Alvarado, celebrouse unha sesión especial dedicada ao estudo do caso de Marrocos. Baixo o título "Marrocos: espexismo transicional " aportouse unha visión crítica, actualizada e fundamentada sobre a evolución política do país magrebí desde a eclosión do Movemento do 20 de Febreiro ata a actualidade.

O que comezou como o soño máis optimista da Primavera Árabe —unha transición política relativamente pacífica, plural e democrática— parece converterse nunha historia de resistencias, frustracións e retrocesos. Así o contou o doutor David Alvarado na segunda sesión do curso sobre a xeopolítica das primaveras árabes norteafricanas.

O catedrático de Paleografía e Diplomática da UNED salienta que, estudar nos dous cursos de Paleografía os documentos históricos que se conservan en Ourense, "resulta todo un luxo e preséntase como unha oportunidade digna de ser aproveitada". Ambas as iniciativas formativas foron seguidas en directo por 81 persoas en cinco países de Europa e América.

Será do 22 de abril ao 13 de maio, cun total de 20 horas lectivas e un crédito ECTS, e poderá seguirse en modalidade presencial desde o noso salón de actos ou en liña.

O director da S.A. Xacobeo, impartiu en Xinzo unha conferencia na que mostró que esta ruta de peregrinación ten potencial para lograr o éxito. Polo de agora, esta vía mostra un estancamento. O alcalde de Xinzo agradeceu a iniciativa da UNED de contar coa vila para este acto.

O curso será do 3 ao 25 de abril no salón de actos do centro universitario ourensán. Tamén poderá seguirse en liña.

O profesor Xerardo Pereiro falou en Vinhais acerca de como deseñar, xestionar e interpretar rutas turístico culturais como as que desde Portugal enlazan coa Vía da Prata nas provincias ourensá e zamorana. O presidente da Cámara Municipal agradeceu a iniciativa da UNED para potenciar as vías de peregrinación en Tras-os-Montes.

O director de UNED Ourense dirixiuse aos estudantes de segundo de Bacharelato dos Institutos da Rúa, Viana do Bolo e Celanova para mostrarlles a oportunidade de formarse na UNED cos seus 30 graos, sen nota de corte e con alto nivel de esixencia.

A UNED foi convidada á XXIII edición de Expociencia, o evento clásico do colexio Guillelme Brown en Pereiro de Aguiar. O pavillón coa mostra de decenas de investigacións chama a atención de nenos e maiores. O director de UNED Ourense salienta o acerto de despertar curiosidade científica nos máis pequenos mediante a investigación, como antídoto nunha sociedade que aplaude a ignorancia.

Do 10 ao 14 de marzo desenvolveranse en liña as Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, centradas esta vez nas élites, a cidadanía e o poder local.

A nova doutora Honoris Causa pola UNED defendeu no seu discurso a escola pública e salientou que os autores clásicos, do pasado, "non son un museo de figuras de cera nin un cemiterio. É territorio fértil". O reitor sinalou que Irene Vallejo ostenta os valores culturais e sociais e lembrou como O infinito nun xunco , con máis de 50 edicións, é a celebración da eternidade do libro no medio de todos os perigos.

A UNED celebrou cinco obradoiros divulgativos escolares e unha conferencia para os ourensáns co gallo do Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia. Dúas doutoras da ETS de Enxeñeiros Industriais da nosa universidade demostraron a mozos e adultos que as matemáticas son divertidas e para todos. Con tensegridades, e figuras xeométricas para abrangar unha maior superficie, os receptores destas actividades gozaron facendo ciencia coas súa destreza.

Comenzou en UNED Ourense unha nova edición do curso de Seguridade Viaria que conta coa presenza de 330 estudiantes matriculados de toda España, Bélxica e Guinea Ecuatorial.

A Universidade ten aberto ata o 16 de marzo o prazo para presentar recetas que concursarán no XII certame GastroUNED, dedicado este ano a salientar a figura do escritor Blasco Ibáñez.

Do 17 de febreiro ao 31 de marzo desenvolverase este curso, totalmente en liña, tanto en directo como en diferido. E da dereito a obter 1,5 créditos ECTS.