Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A nosa Historia

A historia da UNED en Ourense supón unha andaina que principiou case catro anos antes, a finais dos anos 80 do século XX, coa constitución da Plataforma Pro-UNED, encabezada polo seu voceiro Etelvino Blanco Rodríguez, que canalizou as demandas da sociedade ourensá e conseguiu o apoio dos que eran os nosos representantes no concello e a Deputación, D. Manuel Veiga Pombo e D. José Luis Baltar Pumar, e a complicidade do presidente de Caixa Ourense, D. David Ferrer Garrido, para a cesión dos locais nos que se instalaría o Centro Asociado.

Pero antes da posta en marcha do centro da capital, no extremo oriental da provincia, en xaneiro de 1990 botaban a andar as primeiras instalacións da UNED en terras ourensás, coa extensión de A Rúa, entón dependente do Centro Asociado de Ponferrada. Para elo nacía o 18 de maio de 1989 a Asociación Cultural Valdeorras, creada para conquerir un Centro Asociado da UNED “y potenciar las condiciones económicas para su mantenimiento”. Esta asociación elaborou un informe-solicitude para dotar á zona suroriental da provincia ourensá dun Centro Asociado para un total de 23 municipios de Ourense e sur de Lugo que sumaban 102.106 habitantes. Fora elixida a vila de A Rúa por ser o punto central de comunicación na zona.

Aquel primeiro centro tivo como impulsor ao director do colexio diocesán Pablo VI, o sacerdote D. Zacarías Fernández Anta, que conseguiu os apoios necesarios para abrir ditas instalacións. Naquel primeiro curso de 1990 rexistrou 70 alumnos. Quince anos despois, a UNED valdeorresa situouse no colexio Manuel Respino, onde permanece hoxe como Aula dependente do Centro Asociado de Ourense.

Os comezos non foron, sen dúbida, doados: houbo que traballar arreo para superar as dificultades do proceso de elaboración do convenio (expediente que se iniciou o 19 de setembro de 1991, rubricado polo presidente da Deputación de Ourense polo acalde da cidade, e polo presidente da Caja de Ahorros Provincial de Orense. Naquel expediente fixouse a ubicación da UNED na finca número 1, duns 867 metros cadrados, e a número 2, de 875 metros cadrados, nas Torres do Pino. Tamén se aprobaron os estatutos, a constitución do seu padroado con representación de todos os sectores implicados en setembro de 1992. A sinatura final do convenio co daquela reitor D. Mariano Artés Gómez, prodúxose o 1 de outubro de 1992, que permitiría facer realidade esa demanda social longamente manifestada.

Houbo que axeitar o espazo para aulas, menos das previstas polos atrancos estruturais do edificio despois do inicio das obras en maio de 1992. Foron comezos modestos con só 33 materias titorizadas de únicamente catro carreiras (Dereito, Empresariais, Políticas, Socioloxía e curso de Acceso), cun alumnado que primeiro tivo que realizar a súa preinscrición no centro asociado de Pontevedra e logo nun dos baixos do actual Pazo Provincial; as negociacións coa comunidade de propietarios das Torres do Pino, etc.

O 23 de novembro de 1992 incorporouse ao Pleno do Consorcio o director do Centro e plantexáronse as necesidades básicas de mobiliario, profesores-tutores e persoal administrativo. O 7 de xaneiro de 1993 se tomaron varios acordos de importancia. O primeiro afectou ao proceso selectivo de profesores-tutores. Aceptouse, por unanimidade, a composición das Comisións encargadas de evaluar as máis de mil solicitudes presentadas e que estarían integradas polo director do departamento correspondente a cada materia, un profesor permanente dese mesmo departamento e o director do Centro Asociado. O segundo acordo se refería á petición formal por parte do Consorcio á UNED para impartir a docencia neste Centro, e a partir do curso 1993/1994, de Informática, nas súas especialidades de Informática de Sistemas e de Xestión. Naquel pleno aprobouse abrir una conta corrente e  determinación das sinaturas recoñecidas para a súa utilización. Quedaron aprobados diversos gastos de material e mobiliario.

Os días 8, 16 e 23 de marzo de 1993, nas sesións plenarias celebradas foron estudadas as valoracións das comisión de selección de profesores-tutores e acordouse elevar a proposta correspondente ao Excmo. Sr. Reitor Magnífico da UNED para o seu nomeamento.

O 7 de xullo de 1993 foron analizadas as novas directrices da Xunta de Goberno para a “selección, nombramiento y renovación de la Venia docente de los Profesores tutores”, polo que se solicitou de Caixa Ourense a instalación da Aula de Informática, ademáos de considerarse o orzamento económico para o derradeiro trimestre de 1993, e tamén acordaron convocar públicamente novas prazas de profesores-tutores para o curso 1993/1994. O 28 de setembro de 1993 elevouse a proposta de nomeamento de profesores-tutores para o devandito curso.

Mais finalmente, grazas ao compromiso económico das dúas institucións ourensás, Deputación e Concello, os pouco máis de 300 alumnos preinscritos, aos que se sumarían outros 105 ata  un total de 405, puideron principiar o seu proceso de matriculación, para, por último, un 30 de outubro de 1992, como lembra a placa que aínda luce nos seus locais, facerse realidade a inauguración do Centro Asociado da UNED de Ourense.

Correspondeu ao o seu primeiro director, D. José María Merino Merino, sentar as bases da organización académica do Centro Asociado, atender ás necesidades de dotación do mesmo e, en definitiva, poñer en marcha un Centro Asociado, con todo o que isto significa, para, ano e medio máis tarde, entregar ao novo equipo directivo os resultados dun arduo labor que exemplifica como poucos o que é posible conseguir cando a sociedade e os seus representantes nas institucións traballan xuntos para sentar as bases dun futuro mellor.

A D. José María Merino o substituíron ao longo destes xa máis de trinta anos de vida, D. Jesús de Juana López; D. José Antonio Fidalgo Santamarina; de novo De Juana ata o 2017, ocupando na actualidade o cargo D. Jesús Manuel García Díaz, desde o ano 2018.

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
Calendario académico 2023/2024Accede
Convocatoria Venia Docendi 2024-2025Accede
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es