Mapa web
Youtube
UNED

UNED Ourense pecha por vacacións estivais do 1 ao 31 de agosto 

30 de julio de 2021

As matrículas pódense seguir formalizando online e todos os estudantes recibiron e seguirán recibindo toda a información oficial necesaria sobre as probas de setembro en AvEx mediante o seu correo de alumnos

OURENSE, 30 de xullo de 2020.- O Centro Asociado á UNED en Ourense e a súa Aula Universitaria de A Rúa pechan por vacacións durante todo agosto.

Quenes desexen matricularse en algún dos 28 graos , 79 mestrados ou 13 microtítulos que oferta esta Universidade poden facelo coma sempre mediante a web www.uned.es. Desde o 1 de setembro a atención ao público será en horario de mañá e de tarde. 

semana de exames será desde o día 6 ao 11 de setembro

Todos os estudantes matriculados na UNED que teñan que examinarse nas probas de septembro, dispoñen xa de todos os consellos e ligazóns que a Universidade lles enviou nos últimos días e lles seguirá remitindo sempre ao seu correo de alumnos. É recomendable utilizar ese correo modelo usuario@alumno.uned.es pois do contrario o risco de perder información oficial é importante.

A Dirección e o persoal de Administración e Servizos de UNED Ourense lles desexan un feliz descanso vacacional.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es