Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Os cursos de extensión de UNED Ourense reuniron a 604 persoas durante o último ano académico

25 de junio de 2021

Houbo 15 convocatorias en Ourense, A Rúa e Ribadavia que contaron con matriculados residentes en España, Perú, China e Reino Unido 

OURENSE, 25 de xuño de 2021.- UNED Ourense celebrou 15 cursos de extensión universitaria durante o ano académico que agora finaliza. Neses 15 cursos participaron 604 persoas, das que 314 son mulleres fronte a 290 homes. De Galicia matriculáronse 335 alumnos e, de fóra desta comunidade, 269. O número total de horas de formación foi de 316.

Estes cursos celebráronse en A Rúa, Ourense e Ribadavia. Na aula Universitaria de Valdeorras tiveron lugar os ciclos formativos:

  • Sistemas de control de seguridade, calidade e hixiene alimentaria e manipulador de alimentos, do 6 de novembro ao 1 de decembro do 2020 (25 horas de formación). Participaron 24 alumnos. 
  • Principais riscos laborais asociados ao teletraballo. Fundamentos do teletraballo. Normativa actual, do 20 de febreiro ao 6 de marzo de 2021 (10 horas de formación) para 19 participantes. 
  • IV curso de técnicas de cultivo en viticultura e plantación do viñedo, celebrado do 26 de novembro 2020 ao 8 de maio de 2021 (24 horas de formación) con 30 participantes. 
 

Na cidade de Ourense houbo dez cursos: 

  • Psicoloxía para Directores de Banda de Música, Orquestra e Coro, 11 e 12 de decembro 2020 (15 horas de formación). Participaron 26 persoas.
  • Violencia obstétrica: unha aproximación teórica e práctica, do 17 ao 19 de febreiro 2021, con 30 horas de formación e 50 matriculados.
  • Curso de Hixiene e manipulación de alimentos para industrias alimentarias, que se desenvolveu do 22 de febreiro ao 3 de marzo 2021. Constaba de 25 horas de formación e beneficiáronse desta iniciativa 27 estudantes.
  • Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente: Socioloxía e Historia: ambigüidades, modelos e paradigmas. Tivo lugar os días 8 e 9 de marzo de 2021, dispuxo de 20 horas lectivas e contou con 195 participantes, dos que 140 eran de Galicia, 2 de Londres, 1 de China e 52 do resto de España. 
  • Descubrir a linguaxe de nosa propia escritura [Nivel I], do 27 de febreiro ao 5 de abril 2021, con 50 horas de formación e que contou con 25 estudantes.
  •  II curso de introdución á Computación Cuántica, do 8 de marzo ao 15 de abril de 2021. Constou de 30 horas lectivas e seguírono 32 participantes, un deles desde Perú.
  •  Formación en prevención fronte a propagación da COVID 19, desenvolvido do 22 de marzo ao 26 de abril 2021, con 30 horas lectivas e 15 participantes. 
  • II Xornadas sobre ensino da Historia: Gamificación nas aulas: experiencias e reflexións, os días 5 e 7 de maio de 2021, cuxas sesións, repartidas en 10 horas lectivas, foron seguidas por 108 participantes.
  •  Discriminación do maior: conceptualización e prevención, celebrado desde o 9 de abril ata o 7 de maio, con sesións repartidas en 20 horas lectivas e 19 matriculados.
  • Taller práctico o camiño da excelencia: modelo de xestión baseado en indicadores de calidade, do 23 de abril ao 8 de maio de 2021. As súas 25 horas foron aproveitadas por 29 matriculados de toda España.
 

En Ribadavia UNED Ourense celebrou durante o curso que acaba un total de dúas iniciativas de extensión universitaria:

  • Curso de Iniciación á cultura do viño, os días 6 e 13 de abril de 2021, acción que constou de 6 horas lectivas e na que participaron 10 persoas. 
  • Cata de viño dos grandes clásicos: España, Francia e Italia, desenvolto desde o 6 ata o 13 de maio 2021, con outras 6 horas lectivas e o mesmo número de participantes que o anterior.

Eses 15 cursos son unha cifra lixeiramente inferior á habitual neste centro asociado. A situación de pandemia fixo que non se puidesen celebrar outras iniciativas que necesitan participación presencial. Xunto a estas actividades houbo outras dúas non menos importantes. Unha foi a conferencia que deu desde UNED Ourense Jorge Vila dentro do ciclo Cultura do viño e gastronomía organizado desde o Campus Noroeste, e que tivo seguidores virtuais en diversos puntos de España e do estranxeiro. O mesmo sucede co segundo ciclo do Seminario de Intelixencia Artificial organizado pola UNED en Ourense en colaboración co Centro de IA desta cidade. Foron nove relatorios cos investigadores que ten a UNED, quen mostrou os avances que realizan nos seus proxectos que son en grao sumo variado. Esas intervencións, que se poden seguir aínda hoxe a través de Youtube, teñen centenares de seguidores. Coa chegada do novo curso académico, UNED Ourense está a preparar novas iniciativas para dinamizar a vida cultural ourensá. Aparte destes 604 matriculados nestes cursos, están os matriculados en Grao e Mestrado, que superan os 1.100.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es