Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Activa o teu correo de estudante na UNED

21 de septiembre de 2021

É importante para recibir as notificacións da universidade e o teu centro asociado.

OURENSE, 21 de setembro de 2021.-Se como estudante da UNED non o activache polo de agora, explicámosche como facelo. Recorda que activar o teu correo de estudante UNED é fundamental para recibir información importante relacionada cos teus estudos, os exames, o aceso aos espazos e recursos tecnolóxicos, actividades mo teu centro, etc. Para activar o teu correo, accede á páxina de inicio da UNED, pincha no Campus UNED, identifícate co teu usuario e contrasinal da UNED, e segue a seguinte secuencia paso a paso:

  • Na páxina de inicio da UNED (https://www.uned.es) pincha no Campus UNED e identifícate co teu usuario e contrasinal.
  • Na túa páxina de estudante, pincha en UNED Office365 (e-correo).
  • Seguidamente, na ventana de Outlook, escolle o idioma e zona horaria e pincha en gardar. O teu correo xa está activado. 

Tamén podeche ser útil que as mensaxes que cheguen á túa conta de estudiante UNED se reenvíen a outra conta de correo persoal que xa teñas e prefiras empregar. Explicámosche como facelo no seguinte VIDEOTUTORIAL "¿Como reenviar correo desde a conta oficial da UNED dos estudantes (nombreusuario@alumno.uned.es) ás contas personais?" Para esta acción, tamén che deixamos os seguintes pasos:

  • Unha vez dentro do teu correo UNED, pincha naa pestaña Configuración (cun icono en forma de roda), situado arriba á dereita. 
  • No menú de configuración da aplicación, pincha en Correo.
  • Seguidamente, no menú de Opciones aberto na marxe esquerda, pinchar na pestaña Reenvío. Marcar a opción Iniciar reenvío e escribir o correo electrónico elexido. Marcar si se desexa gardar copia das mensaxes reenviadas. Pinchar en Guardar.

Agora que estamos a tempo, case ao comezo do novo curso, non abandoes esta acción de ter ao día o teu correo de estudante para estar informado de todo o que necesitas como tal usuario da UNED. 

UNED Ourense

Comuicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es