Mapa web
Youtube
UNED

O Centro Asociado á UNED en Ourense e a súa Aula da Rúa reabren as súas portas con restricións a partir do 1 de xuño

26 de mayo de 2020

Atenderanse consultas presenciais na planta baixa e poderanse retirar e devolver libros mediante cita previa en Biblioteca.

OURENSE, 26 de maio de 2020.-O Centro Asociado á UNED en Ourense e a súa Aula Universitaria da Rúa, na comarca de Valdeorras, reabren as súas portas para partir do luns, 1 de xuño. Esta reapertura conleva restricións.

Se desde o inicio do Estado de Alarma era posible efectuar consultas mediante o teléfono ou o correo electrónico, agora tamén será factible realizar consultas presenciais no propio Centro. Para iso, as persoas que acudan con este fin deberán ir provistas das medidas de seguridade establecidas. Ao centro só poderase entrar dun en un. As consultas faranse mediante un portelo debidamente protexido, no vestíbulo, entrando a man dereita. Quen teña que agardar a súa quenda, non poderán facer cola dentro do edificio. Deberán esperar no exterior, gardando as distancias regulamentarias, no caso de que coincidise un grupo de cidadáns. Este servizo ofrecerase de luns a venres, cada mañá, de 08.00 a 13.30 horas, e polas tardes, de 15.00 a 20.30 horas.

En canto á Biblioteca, a sala de lectura e estudo (imaxe inferior á dereita) permanecerá pechada no que queda de curso académico. O préstamo interbibliotecario continuará bloqueado. Só poderanse prestar libros existentes na biblioteca de UNED Ourense. Para devolver un exemplar prestado, é necesario poñerse en contacto por correo electrónico coa biblioteca e, á hora convida, entregar o exemplar ou exemplares, introducíndoos nun contedor para mantelos en corentena durante quince días. O contedor estará xunto ao portelo da biblioteca. Para levar a casa un libro prestado, tamén é necesario contactar por correo electrónico antes para que o teñan preparado nada máis vir buscalo a persoa interesada, que, como xa deu os seus datos ao PAS encargado deste servizo, recollerá o libro no portelo de Administración, no vestíbulo do Centro o día e hora indicados por Biblioteca. Préstamos e devolucións faranse sempre segundo as citas concedidas pola Biblioteca de modo que nunca coincidan varios usuarios por este motivo no interior do Centro. O correo electrónico da Biblioteca de UNED Ourense é: biblioteca@ourense.uned.es

No caso da Aula de A Rúa, o PAS atenderá consultas presenciais gardando a debida distancia e as demáis medidas de seguridade. Só poderá haber no interior das instalacións  unha persoa que formule a súa consulta. As demáis, se tiveran que facer cola, esperarán no exterior. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es