Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O censo UNED100%, permitirá coñecer estudantes con necesidades especiais, sen medios técnicos, privados de liberdade ou en situacións individuais semellantes para que todos podan acceder aos exames en liña

29 de abril de 2020

Tamén presenta o Sistema de #Evaluación2020 do Vicerreitorado de Estudantes e Secretaría Xeral, que recolle información relevante sobre distribución de grupos e casos excepcionais, probas AvEx do 25 de maio ao 16 de xuño así como a realización e revisión dos exames previstos para a segunda quincena de xuño 

OURENSE, 29 de abril de 2020.- O vicerreitor de Estudantes e Emprendemento, Alberto  Mingo, presenta a todos os estudantes da UNED o Proxecto UNED100% á vez que lles traslada o documento coa información para o estudante sobre o Sistema de Avaliación. Convocatoria ordinaria Xuño 2020.”Neste último detállase o sistema de avaliación, que está formado por unha modalidade de avaliación continua e unha modalidade de avaliación de exames finais en liña. Recóllese relevante información sobre as datas dos exames e o procedemento excepcional utilizado nesta convocatoria, as instrucións para o acceso á aplicación de exames en liña (AvEx), as especificidades do proceso de realización dos exames, a revisión, no seu caso, dos mesmos, etc.”, sinala  Mingo.

“Trátase dun documento fundamental para que teñades toda a información sobre un aspecto crucial e sensible para toda a comunidade universitaria, en especial para vós, os e as estudantes, como é a avaliación. O procedemento establecido ten como obxectivo principal garantir o alto nivel de calidade dos nosos sistemas de avaliación, un dos selos de prestixio da nosa universidade”, engadiu o vicerreitor.        

O Proxecto UNED100% é un programa de medidas, sinala Alberto Mingo,  “co que queremos achegarnos aínda máis a vós, escoitar as vosas necesidades e particularidades e asegurarnos de que todos e todas, ao 100%, ides ter a oportunidade de avaliarvos sen renunciar ás nosas garantías de rigor e calidade. Somos conscientes de que, na tarefa de proseguir coa vida académica, non podemos deixar no camiño a quen, sendo parte da nosa comunidade, poden ter dificultades para adaptarse á nova situación. A UNED quere permanecer ao 100% ao servizo da sociedade, fiel aos fins para os que foi creada, referendando o seu compromiso co conxunto da cidadanía e especialmente coa súa razón de ser, os e as estudantes”.

No documento UNED100%, que o vicerreitor convida a ler detalladamente, os estudantes van coñecer as liñas de traballo desenvoltas ata a data para seguir construíndo unha sociedade mellor nun dos momentos máis difíciles aos que se enfrontou. “Neste proxecto ofrecémosvos a posibilidade de que nos contedes que necesidades concretas tedes e a que dificultades enfrontádesvos á hora de avaliarvos. Todo co obxectivo de prestarvos unha atención personalizada que xestionaremos a través do Vicerreitorado de Estudantes e Emprendemento en estreita e fundamental colaboración cos centros asociados”.

O noso reitor, na súa resolución do pasado 3 de abril ratificada no Pleno do Consello de Goberno de 22 do mesmo mes, establecía diversos colectivos aos que se lles aseguraba unha especial atención. Por iso, a primeira medida que se vai a tomar é a elaboración do CENSO UNED100%, co que se identificarán as necesidades concretas dos citados colectivos. “Con este fin, poñemos á vosa disposición un formulario no que podedes reflectir as necesidades que tedes para realizar a avaliación. É importante sinalar que o enchemento do formulario destínase, exclusivamente, aos estudantes pertencentes aos devanditos colectivos. O formulario estará dispoñible desde hoxe, 29 de abril, ata o 15 de maio, inclusive”, di  Mingo.

O vicerreitor anima a todos os estudantes a que se acheguen ao Proxecto UNED100% “e considerédelo unha ferramenta á vosa disposición para que, xuntos, saquemos adiante unha Avaliación 2020 excepcional para todos pero 100%UNED: Adaptados a ti”.

O comunicado do vicerreitor pódese ler aquí.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es