Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Alumnado da UNED Senior de Ourense visitou a exposición arqueolóxica que sobre o castro de Santomé se celebra na cidade das Burgas

11 de febrero de 2020

O grupo coñeceu a vida cotiá dos pobadores do castro gozando co amplo abano de obxectos que se exhiben para comprender a vida naquel lugar hoxe importante fito patrimonial nas proximidades de Ourense

OURENSE, 11 de febreiro de 2020.- O día 10 de febreiro  o alumnado da UNED  Senior de Ourense realizou unha visita guiada á exposición de  Santomé situada no edificio da Fundación de Abanca en Praza Maior de Ourense. Foi unha  acctividad levada a cabo pola titora Josefina Pato  na materia “Galicia a través dos medios audiovisuais” .

En primeiro lugar visualizaron o vídeo sobre a situación do xacemento arqueolóxico de Santomé e recibiron explicación dos símbolos castrexos. Despois viron a zona dedicada á vida na aldea, coñecendo a casa e nela, as tellas, o sistema de calefacción, a vaixela e unha vasilla xigante para o almacenamento sobre todo de aceite (quizais tamén de gran), cuxo tamaño e número destas vasixas indicaban o poder económico de cada unidade familiar. Igualmente coñeceron o  sistema de iluminación: lámpadas de aceite fabricadas en vidro e os medios de vida para o sustento das familias:

                               Agricultura baseada fundamentalmente en cereais e hortalizas

                               Gandería sobre todo vacúa e equina

                               Pesca con métodos moi adecuados ao lugar da actividade (Río Loña)

                               Artesanía: téxtil, oleira, metal (nesta destaca a fabricación de adornos)

Os alumnos da UNED Senior de Ourense puideron coñecer tamén  a filosofía de vida dos poboadores de Santomé: Relixión: influencia romana que se albisca nas aras dedicadas a deuses romanosnas que auguraban o futuro; amuletos e xogos  (algún semella ao actual xogo de damas)

A escritura en táboas cerámicas que cubrían con cera para evitar a súa falsificación tamén se exhibe nesta importante exposición, así como a medicina e hixiene, pois parece que aqueles poboadores coidaban a súa saúde, o que se demostra con varios achados de instrumentos, por exemplo sondas para extracción de sangue.

A visita finalizou a     as 19,30 horas cun vídeo no que se lles mostrou unha reconstrución ideal da aldea nos seus mellores tempos. Os alumnos gozaron desta saída cultural para coñecer as propias raíces.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es