Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense mantén a súa certificación de calidade na Carta de Servizos

2 de mayo de 2024

O informe de auditoría salienta que o centro ourensán esforzouse en mellorar os apuntes indicados na anterior certificación. A Dirección seguirá avanzando neste campo ao estar comprometida coa excelencia na xestión. 

OURENSE, 2 de maio de 2024. UNED Ourense mantén a súa certificación no nivel de Carta de Servizos, tanto para o propio centro como para a súa Aula de Extensión en A Rúa, dentro do Sistema de Calidade dos centros asociados da UNED. Así o validou o departamento de qGestión, ubicado en UNED Tudela, que certificou que o centro ourensán mantense na fase de certificación de Carta de Servizos, o que corresponde ao primeiro nivel dos catro existentes.

No informe de auditoría, salientase que UNED Ourense esforzouse por mellorar o formato de rexistro do seguemento dos obxectivos vencellados cos compromisos adquiridos na Carta de Servizos. Trátase dunha mellora recomendada polo equipo certificador na anterior auditoría, que o centro ourensano adotou desde entón. 

O persoal do organismo certificador da área de qGestión en UNED Tudela anima ao centro asociado de Ourense a continuar avanzando no proceso de mellora continua da súa xestión e a valorar a opción de dar un paso máis cara a certificación do nivel 1 (implantación), xa que desde o propio centro trasladouse ao persoal auditor esta inquietude e o interese por seguir mellorando no proceso de calidade. 

O Sistema de Calidade do Centro Asociado (SCICG-CA) é un modelo desenvolvido por qGestión, en colaboración co Comité de Calidade dos centros asociados da UNED. A súa execución constitúe unha opción voluntaria para os centros que decidiran desenvolver a excelencia na súa xestión. Esta iniciativa forma parte do Plan de Calidade da UNED e iniciouse despois de que o seu Consello de Goberno aprobara o citado sistema. 

Por outro lado, qGestión está acreditado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e a Acreditación (ANECA) para a certificación do sistema. Esta área de UNED Tudela ocúpase de certificar que os sistemas de xestión aplicados nos centros asociados da UNED cumplan cos requisitos establecidos na Guía de Aplicación do SGICG-CA. As certificacións que emite este departamento son válidas durante catro anos, pero exixese levar a cabo unha auditoría de mantemento a mitade do período de validez, como seguemento da devandita certificación. O sistema de xestión conta con catro niveis nos que os centros asociados da UNED poden certificarse. Estes son: 

  •  Carta de servizos. 
  •  Nivel 1: implantación. 
  •  Nivel 2: consolidación.
  •  Nivel 3: avanzado con RSU

A Dirección agradece o traballo desenvolvido polo persoal deste centro universitario ao tempo que deu instruccións para seguir avanzando nos niveis de implantación.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es