Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

César, Cicerón, Virxilio… Como se lía aos autores clásicos no Renacemento?

11 de septiembre de 2020

O proxecto BECLaR da UNED que indaga nas claves do patrimonio textual e editorial do Renacemento obtén unha das Axudas á Investigación de Estudos Clásicos da Fundación BBVA na convocatoria 2020.

OURENSE, 11 de setembro de 2020.-A Biblioteca de Edicións de Clásicos Latinos no Renacemento, BECLaR, desenvolvida polo Departamento de Filoloxía Clásica da Facultade de Filoloxía da UNED, é ún dos 31 proxectos elexidos de entre os 106 presentados. A devandita bibloteca, dirixida polo catedrático de Filoloxía Latina da UNED Antonio Moreno Hernández, ten por obxecto o estudo da tradición impresa das obras clásicas latinas nos séculos XV e XVI e a creación dunha base de datos das edicións de clásicos latinos en España, das cuais se encontran xa a dispor en liña o Corpus de Incunables de Clásicos Latinos en España (CICLE) e o Corpus de Ediciones de Clásicos Latinos en España, 1501-1550 (CECLE).

Este proxecto, no que participan investigadores da UNED e da Biblioteca Nacional de España, está orientado cara a recuperación do patrimonio textual do humanismo clásico. Entre os seus froitos hai importantes achádegos de edicións españolas que eran prácticamente descoñecidas, con destacadas aportacións filolóxicas sobre a natureza dos textos clásicos que se lían nesta época, así como con contribucións senlleiras ao patrimonio editorial español do Renacemento. “BEClaR é un proxecto consolidado cuxo propósito é esclarecer un capítulo escasamente coñecido da tradición dos textos clásicos en España e as súas ligazóns co humanismo renacentista. Estamos facendo unha sorte de arqueoloxía textual, sacando á luz e estudando este patrimonio de edicións dos séculos XV e XVI, para elaborar unha base de datos dos impresos de autores clásicos do Renacemento, na que colaboran profesores experimentados e mozos investigadores que desenvolven as súas teses e traballos posdoctorais dentro desta liña de investigación, que foi recoñecida con diversos premios das sociedades científicas dedicadas ao Mundo Clásico en España”, afirma Antonio Moreno.

Coa Axuda á Investigación otorgada pola Fundación BBVA ao proxecto As edicións dos clásicos latinos no Renacemento: tipoloxía dos paratextos e a súa integración na base de datos de BECLaR vaise desenvolver unha ferramenta novidosa, unha base de datos de paratextos das edicións hispanas de obras clásicas latinas dos siglos XV e XVI. Os paratextos constitúen unha fonte de información extremadamente valiosa para o coñecemento do contexto humanístico no que xurden estas antigas edicións e ao mesmo tempo suministra datos significativos sobre o proceso de execución destas edicións e dos axentes que interviron como impresores, editores, comentaristas...

Para o catedrático da UNED, Antonio Moreno, poder realizar unha base de datos de paratextos abre unhas perspectivas moi ricas á investigación neste campo, toda vez que “se trata de material de tipoloxía moi diverso que acompaña ás obras clásicas que estudamos (portadas, prólogos, colofóns, anotacións…) e que proporciona información valiosa para poder coñecer o contexto social e cultural da época, así como los axentes que interviñan na elaboración destas edicións e a quen ían destinadas. Grazas a esta Axuda do BBVA imos desenvolver unha aplicación informática dentro do BEClaR que facilite o acceso e  a consulta selectiva ás diversas modalidades de paratextos destas edicións. Esta ferramienta ata o momento non ten precedentes no contexto das bases de datos sobre edicións de textos, e ofrecerá aos investigadores a posibilidade, mediante un sistema de achegas moi desenvolvido,  de rastrexar, comparar y obter gran cantidade de información cun gran potencial para explicar ls claves do desenvolvemento do humanismo en España”.

Sonia Cubillo

Imágenes: BECLaR

Comunicación UNED 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es