Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Centro Asociado á UNED en Ourense retoma a súa actividade     

1 de septiembre de 2020

Durante todo setembro, de 08.00 a 13.30 horas, atenderanse consultas presenciais na planta baixa e poderase utilizar a Biblioteca mediante cita previa

OURENSE, 1 de setembro de 2020. Desde hoxe, o noso Centro Asociado e a súa Aula da Rúa retoman a actividade. Calquera consulta, tanto presencial como telefónica deberá facerse en horario de mañá: de 8.00 a 13.30 h. durante todo este mes de setembro. Quen acuda con este fin ao Centro deberán gardar en todo momento as medidas de seguridade establecidas. Ao centro só poderase entrar dun nun. As consultas seguiranse realizando a través de portelo no vestíbulo, entrando a man dereita. Quen teña que agardar a súa quenda, deberán esperar no exterior, gardando as distancias regulamentarias, no caso de que coincidise un grupo de cidadáns. Este servizo ofrecerase de luns a venres, cada mañá, de 08.00 a 13.30 horas, durante este setembro. En canto á Biblioteca, a sala de lectura e estudo permanecerá pechada. Para devolver un exemplar prestado, é necesario poñerse en contacto por correo electrónico coa biblioteca e, á hora convida, entregar o exemplar ou exemplares, que serán postos en corentena durante quince días. Para levar a casa un libro prestado, tamén é necesario contactar por correo electrónico antes para que o teñan preparado nada máis vir buscalo a persoa interesada, que, como xa deu os seus datos ao PAS encargado deste servizo, recollerá o libro no portelo de Administración, no vestíbulo do Centro, o día e hora indicados por Biblioteca. Préstamos e devolucións faranse sempre segundo as citas concedidas pola Biblioteca de modo que nunca coincidan varios usuarios por este motivo no interior do Centro. O correo electrónico da Biblioteca de UNED Ourense é: biblioteca@ourense.uned.es 

No caso da Aula da Rúa, o PAS atenderá consultas presenciais gardando a debida distancia e as demais medidas de seguridade. Só poderá haber no interior das instalacións unha persoa que formule a súa consulta. Se fose necesario facer cola, esperarase no exterior.

UNED Ourense

Comunicación    

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es